tag:blogger.com,1999:blog-16778367.post7633602681540033665..comments2023-09-05T22:19:24.516+02:00Comments on BUEU: Bueu e o Pergamiño VindelUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-16778367.post-90519945812019115732017-12-31T00:42:20.116+01:002017-12-31T00:42:20.116+01:00Santiago Tafall Abad, primeiro transcritor e divul...Santiago Tafall Abad, primeiro transcritor e divulgador musical das Cantigas de amigo de Martín Codax

Coñecemos o descubrimento en 1914 do pergamiño polo libreiro e anticuario Pedro Vindel, e dado a coñecer por primeira vez en febreiro do mesmo ano na revista Arte Español, co título de: “Las siete canciones de la enamorada. Poema musical por Martín Codax, juglar del siglo XIII”.

Tamén somos coñecedores da divulgación da figura do poeta e a súa poesía en Galicia, no século XIX polo músico e escritor vigués Teodosio Vesteiro Torres o primeiro que transcribe os textos, copiados do Códice da Vaticana e posteriormente e inmediatamente ao descubrimento do pergamiño, o galego Eladio Oviedo Arce aportaría unha actualización e ampliación científica a estes documentos, referíndose ao contido musical do mesmo como: “Melodías simples, de gusto delicado, de color y sabor indígenas, evocadoras del céltico alalá”.
No apartado musical, o primeiro estudo musical e de transcrición, débese ao colaborador e amigo de Oviedo Arce, o músico compostelán Santiago Tafall Abad (Santiago, 1858-1930), quen en 1917 publica no boletín da RAG nº 118, o artigo: “Texto musical de Martín Codax (interpretación y crítica)".

Tafall, canónico compostelán era Académico de número dá Real Academia Galega e fillo do compositor e famoso organista de Lleida, Mariano Tafall, que en 1855 emprende a viaxe coa súa familia ata Santiago. Formado e educado musicalmente na catedral, participa dende moi novo en grupos de cámara en veladas realizadas en Compostela, aportando un repertorio diferente ao escoitado naquela altura. A partir do seu ingreso no seminario, e como músico da catedral foi ocupando os cargos de segundo violín meritorio (1873), primeiro violín (1877), organista (1881), e mestre de Capela (1895), ata 1898, cando é nomeado Capelán da Capela Real dos Reis Católicos de Granada.

Á marxe da súa actividade como intérprete, compositor e musicólogo, Tafall realiza unha encomiable labor docente na Escola de Música da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, sendo un personaxe imprescindible na instauración da reforma relixiosa iniciada a finais do s. XIX, que culmina coa publicación e instauración do Motu Propio, de Pío X.
Do mesmo xeito que fixera con algunhas das obras do Códice Calixtino en 1897, xogou un papel crucial como folclorista na transcrición da música popular e medieval no Cancionero Musical de Galicia do redondelán Casto Sampedro.

Oviedo Arce e Santiago Tafall, trazan unha liña continua desde a tradición celta e pasando pola música medieval, momento na que se fusiona a tradición celta co canto gregoriano, aceptando o pasado celta proposto polas teses de Manuel Murguía.

No seu traballo sobre as Cantigas de amigo, Tafall realiza unha transcrición paleográfica e céntrase nas críticas cara á aplicación do texto á música, sobre todo nos puntos onde non se corresponden as sílabas cós neumas. Tamén pon a súa atención na ausencia do texto en determinados puntos, atribuíndo a causa da mesma ou ben ao mal estado do pergamiño ou a un erro do copista, xa que sostén que non está copiada a música por un músico.

Ao respecto da transcrición musical e co obxectivo de achegar estas obras ao público en xeral e así evitar un carácter en exceso litúrxico, decide levar a cabo unha vía máis libre, polo cal confesa que viu truncada o seu inicio da tarefa seria e técnica.

Avoga Tafall pola interpretación dun único intérprete e no caso de que sexan máis, cantarase a unísono, isto é, cantando todos a mesma melodía. En canto ao acompañamento, Tafall propón un pianístico o cal desenvolve cun cometido de divulgación. A maiores é o primeiro músico en poñer música á sexta cantiga.

Moitas grazas e parabéns polo blog.
Alejo Amoedo, pianista.Alejo Amoedo.noreply@blogger.com