O xograr Macías o Namorado era natural de Bueu (s. XIII)….
Toda a bibliografía deste xograr/trobador cítase como nado en Padrón (ata o mesmo Johán Carballeira o recolle nun artigo da revista Estampa). Pero será a partires do ano 2005 onde os investigadores Miguel Romaní e Pablo S. Otero nun pequeno, pero contundente, artigo na Revista do Museo de Pontevedra titulado : “Macías, un juglar del s. XIII: Evidencia documental”, pretenden dar a coñecer un documento en latín do ano 1261 conservado no AHNMadrid (Sección clero, carpeta 1859/6) e pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio. O seu interese radica en ser o único documento coñecido en que se menciona como testemuña un Mascia iograr, o que serviría para reafirmar documentalmente a figura de Macías o Namorado. Segundo os autores, a orixe padronesa desta figura carece de toda base científica, afirmando, pola contra, que, a partir dos datos ofrecidos por este novo documento, “Mascia era natural de Bueu o de la Comarca del Morrazo” (p. 30). Así mesmo, tamén desbotan a cronoloxía proposta ata este momento para a figura de Macías o Namorado e avogan polo ano 1262 como data en que o situaría este novo documento. Por tanto, “si esto fuese así, habría que considerar que Macías o Namorado perteneció al periodo más brillante de la lírica galaico-portuguesa, en lugar de situarse, como se ha considerado hasta ahora, en el periodo de la decadencia lírica gallega” (p. 31). Complétase o traballo coa reprodución facsímile do documento, así como a súa transcrición e tradución para o galego moderno, achegando ademais unha listaxe das persoas e outra dos topónimos citados no texto, entre os que se inclúen os seguintes: Santa María de Beluso (Bueu, PO), Bueu (PO), San Salvador de Coiro (Cangas, PO), O Morrazo (PO) e Pontevedra.
Padrón ten unha estatua na súa honra e pon en valor ao poeta. O concello de Arjonilla (Jaén), lugar onde morreu asasinado polos seus amores con Elvira, celebran no mes de setembro as “
Fiestas de Macías el Enamorado”
con máis de dúas semanas de talleres e distintas actividades medievais (mercado, gastronomía,
danzas,
visitas teatralizadas ao castelo de Macías….).
E a Bueu non se lle pide máis que coñeza a un poeta ao que se lle atribúen 21 cantigas, reunidas no Cancionero de Baena e que, segundo a cronoloxía revisada polo profesor Romaní et alt., puido ser ata veciño do noso pobo e contemporáneo do, tamén noso, Johán de Cangas.
Cantigas En Loores De Amor de Macías, O Namorado
Con tal alto poderyo
Amor nunca fue juntado
nin con tal orgullo e brío
qual yo uy por mi pecado
contra mí, que fuy sandío
denodado en yr a ver
su grant poder
e muy alto señoryo.
Con él venía Messura,
e la noble Cortesya,
la poderosa Cordura,
la briosa loçanía;
rreglávalos Fermosura
que traya gran valor,
porque Amor
venció la mi grant locura.
El mi corazón syn seso
desque los sus ases vydo,
fallescióme e fuy preso,
e finqué muy mal ferido:
la mi vida es en pesso
sy acorro non me ven.
ora de quen
el desir ni era defeso.