Domingo, que naceu na illa de Ons no 1533 e que
morreu en Muxía a idade de 124 anos, lle contaba ao relixioso beneditino
portugués Frei Manuel Pereira de Novais que cando tiña 21 anos vivía en Lisboa:
"Vendendo Polbo seco, que era a
mercadoría que entón se mercanciaba desas Illas de Ons a diferentes
partes,.."
O polbo e as matemáticas
Que unha ducia é conxunto de doce
unidades non vai co polbo … ou que o quintal é a medida de peso que, segundo as
zonas, vai de 50 aos 60 quilos[1] tampouco vai co polbo. Senón
que llo pregunten á Revista de Inspección General de 1787 que cita Sáñez Reguart
no seu “Diccionario histórico de las artes de pesca Nacional”:
“Unha ducia
componse de dezaoito polbos, e cada tres ducias
véndense por un quintal”.
Avances na conservación do polbo
No domingo do día 6 de abril do
1930, o correspondente do xornal El Pueblo Gallego, Luís Novas, escribía: “Dada a importancia da exportación en
fresco que se fai do polbo, choco e lura sabemos que dous industriais van a
montar unha cámara frigorífica”.
Unha enchente de polbo na illa de Ons

Un polbo dun quilo mata a un arroas de 3
metros de
longo
En abril do ano 1944 a prensa[2] titulaba: “Un inimigo pequeno …” e “Un polbo dun quilo mata a un arroas de tres
metros de longo”. O arroas ata foi exposto, aos curiosos, na lonxa de
Bueu. Como podedes supoñer a morte foi
por asfixia pois ao tentar comer ao polbo este agarrouse de tal xeito á boca
que lla pechou por completo.