Rematamos un ano e comezamos
outro… por todo o cal desexarvos a todos un esperanzado 2020 afastado de riscos
e incertezas.
Como
última e primeira noticia desta noite, a cabalo de dous anos, é para
presentarvos un novo xornal do que ata hai uns meses descoñecía ata o nome.
Chamouse
ou pretendían chamarlle «El Pronóstico». E, aínda así, o único
que sabemos é que no mes de xuño e agosto de 1886 anunciábase a súa
aparición e a súa tendencia “xornal satírico”. O problema é que non
chegou a nós máis referencia que as dúas mencionadas (en La Gaceta de
Galicia e El Correo gallego) polo que só nos queda esperar que o
destino preservara algún exemplar agochado nalgún recuncho.
O
mesmo quixeramos para outros xornais bueueses como «El Relámpago», «La Voz
de Bueu», etc.
Vou
facer unha breve lembranza dos xornais de Bueu ao longo da historia poñendo os
enlaces onde poder velos ou ler algo dos mesmos:
«El
Relámpago»:
Xa en
maio de 2016 fixera unha entrada titulada «127 anos do xornal El Relámpago»
xornal que viu a luz o 26 de maio de 1889 publicado e estaba dirixido por
Salvador Avilleira que segundo decía “só
defenderá os intereses xerais da provincia e moi especialmente os desta vila:
alleo por completo a toda clase de política”. E como lústrego que foi só se
publicou un exemplar.http://acidras.blogspot.com/2016/05/127-anos-do-xornal-el-relampago.html
«La Voz de Bueu»:

Sae á rúa o 11-8-1912 definíndose
coma "Periódico quincenal independiente". Dirixido por RICARDO
PORTELA PAZOS co seguinte equipo de redacción:
Claudiano García Santaclara.- Cesáreo Ferradas Dominguez.- Rogelio Val.- Jesús
Domínguez.- Luis Bolibar.- Ignacio Lis.- Amancio de la Cueva.- José García.-
Ventura García.
A súa información era especificamente
local e política. Consérvanse, recuperados pola Asc.
Amigos da Biblioteca y Pin Cabanillas, os 34 primeiros números (ata ó 16
de novembro de 1913) de catro páxinas cada un, estando a última dedicada á
publicidade local.
«La Esquina»:
«O
Tinteiro de Papirus»:
Aínda que podería cualificarse
coma revista escolar o poño aquí por ter saído (5 números, de marzo de 2008 a
xuño de 2009) con formato habitual nos xornais (A3).