28/04/26

No libro que publicamos no ano 2022 co título “Bueu. Biografías-I” aparece nas primeiras páxinas José de la Torre López “José de Rafael”. Carpinteiro de ribeira e vítima da represión[1]. Nesas páxinas glosaba unha pequena biografía deste culto carpinteiro de ribeira da praia de Beluso.

Agora, e para ter en conta para posibles ampliacións biográficas, nomearei datos que, aínda que algúns sexan coñecidos, aparecen incompletos.


O primeiro ten que ver co seu bisavó paterno, Rafael de la Torre, tamén carpinteiro de ribeira que no libro “Os infinitos «onte» da palabra «hoxe»[2] o cito como boa persoa, axudando a un veciño nos pagos por gastos médicos no cárcere.

O segundo permite corrixir un erro aparecido no primeiro libro. Nel dise que José de la

Efigenia de la Torre

Torre e Carmen López Regueira tiñan unha filla chamada Efigenia. Pois ben, e segundo recolle Carme Hermida[3] tiveron tres fillas: “Ifigenia, Carmen e Rosa”.  Nel narra a peripecia de Efigenia que cando tiña 8 anos tivo que poñerse a servir en Bueu e, como non a trataban ben marchou, con outra familia de Bueu, á Ermida de Cascofés, onde integrouse moi ben. Co tempo emigrou a Venezuela onde casou e tivo dous fillos: Francisco e José.

E, por rizar o rizo, xa se decatarían da coincidencia (só no nome) de que José de la Torre apareceu morto, “paseado” o 25-9-1936 nunha cuneta do lugar da Ermida-Marcón e a súa filla Efigenia de la Torre apareceu na nosa memoria, fuxindo da fame, no lugar da Ermida (de Cascofés).



[3] Carme Hermida Gulías, “A Ermida de Cascofés. Casos e cousas” Páx. 231‑233. Agradecer a autora Carme a recolleitas da memoria das xentes nas páxinas do libro e ao amigo Xosé Vilas por achegarme a elas.