![]() |
Capela vella-Debuxo Fernado Otero |
O obxectivo dalgúns destacados
bueuense, de acadar a construción dunha capela e escolas para os fillos dos
mariñeiros en Bueu víase lonxe, e mesmo utópico. Os proxectos estaban estancados
e para comezar tiveron que buscar acubillo; e este atopouse provisionalmente, grazas
á xenerosidade dos propietarios Dn. Antonio Nores e Dna
Carmen de la Rúa, na ‘capela vella”.

Entre os vogais que se foron
incorporando estaba Gaspar Massó que no verán de 1946 decidiu tomar as rendas
ao ver que o Padroado carecía da autoridade necesaria para o labor, que con
urxencia precisábase, de tentar construír dunha vez por todas un centro
educativo e unha capela. Para o cal decidiron refúndanse como Padroado e dando
entrada a un representante do concello, outro da casa Massó Hermanos e outro en
representación da mecenas Carmen de la Rúa Catani[1],
ademais do que designaran o Arcebispo e o Instituto Social da Mariña (ISM).
Os
medios económicos cos que contaban para presentarse ante os posíbeis Patróns da
nova Fundación (7-10-1946), eran:
- Os fondos pro-capela na casa Massó Hnos.
- Os fondos da manda testamentaria de Dª Visitación Estrada (viúva de Galup) en poder do Arcebispo.
- Os da Fundación Manuela Fraguas.
- Doazón de Massó Hnos: Importe da cesión da fábrica “Roiba” á dirección de Turismo[2].
- Segunda doazón de Massó Hnos de dar froito a operación anterior.
- A disposición dos actuais propietarios dos terreos, Dª Carmen de la Rúa Catani e o seu esposo D. José Mª Mora Ruíz, de doar os terreos precisos para o emprazamento.
- Compromiso da Casa Massó dunha subvención anual de 6.000 pesetas para o sostemento, a partires da inauguración da obra.
- (E como suxestión ao Concello) Todas as mostras de peixe poxado na Lonxa pasase a beneficiar á comunidade relixiosa[3] que se fixera cargo da ensinanza
Días despois desta proposta (24-10-1946), na sesión do Concello
valoraron positivamente o labor realizada, o estado dos traballos, ofrecemento
obtidos,... pídese á Comisión de facenda informe para constituír un novo
Padroado no que podería entrar o Concello. A resposta afirmativa darase na
sesión Plenaria do 12-12-1946.
O proxecto era ambicioso xa que
constaba dun novo edificio de capela, vivendas para unha Comunidade relixiosa,
habitacións para o capelán e aulas para 500 nenos pobres, fillos de pescadores
ou de xente modesta.
Con data de 26 de decembro de 1946 o
Alcalde de Bueu, José Mª Massó, e demais membros da Corporación cursaron un
oficio-invitación ao Arcebispo, Instituto Social da Mariña (ISM), Dna Carmen de
la Rúa e a outras entidades sociais dándolles a coñecer os proxectos desta
Fundación e indicándolles que sinalaran un representante propio para formar
parte do novo Padroado. De todos recibiuse contestacións favorables.
Chegados
a este punto constituíuse oficialmente o novo Padroado ‘Pro capela-escola San
José’ o 29 de xullo de 1947 quedando como segue:
Presidente:
José Mª Massó García, alcalde de Bueu
Tesoreiro:
Gaspar Massó García (membro da antiga comisión)
Vogais:
Gonzalo Torrente Piñón (Axudante militar de Mariña); Américo Otero Enero, 2º
Tenente de Alcalde
Secretario:
José Cerqueiro Malvido, Oficial Maior do concello e membro da antiga comisión
(Continuará)
[1] Sobriña e herdeira do Sr. Antonio Nores. Gaspar Massó foi o primeiro
en solicitarlles a cesións duns terreos como algo fundamental para facer
realidade o proxecto Capela-Escola. Dixeron que si e que xa o habían proposto
eles con anterioridade.
[2] Expediente en trámite polo Ministerio de Gobernación
[3] A familia Massó tiña en mente a creación dun centro xestionado por
relixiosas. Cando isto non foi posíbel eles o propiciaron facilitando
instalación e financiación do que co tempo xermolaría no actual Colexio Virxe
Milagrosa de Bueu.
[4] O 4 de xullo de 1947 é nomeado, polo arcebispo Fernando Quiroga
Palacios, como delegado seu no Padroado.