Como é lóxico pensar non se trata
de ningún dos concelleiros habidos no último século. Resaltar que durante este
tempo accederon ao noso concello, de forma electa, persoas cada vez mellor
preparadas.
Con todo o xornal A Unión
Católica do 14/12/1889 na súa páxina 3 citando ao O Anunciador, de Pontevedra
dá a noticia da existencia dun concelleiro de Bueu que, a parte de ser
analfabeto, non paga os impostos a Facenda. Faio nos seguintes termos:
“Di El Anunciador,
de Pontevedra, que en Bueu, hai un concelleiro que non sabe ler nin escribir,
que asiste puntualmente ás sesións nos dous anos que é concelleiro e que non
paga contribución algunha ao Estado, faltándolle aínda dous anos para cesar no
seu cargo”.