… na lingua
Pois nesa lingua k'iche' (como eles din) coñecen B u e U …
E tal como recolle Domingo de Basseta do Instituto de Investigacións Filolóxicas (Centro de Estudos Maias) da Universidade Nacional Autónoma de México:
B u e U. luEu: drobrar ; e luEu é, propie, “arquear un pau”; bueuche: “pau arqueado”; e de aí sae bueuquih: “armar ou arquear paus para coller veados”.
… na pedra
A primeiros de outubro do 2010 aparareceu no Faro de Vigo a noticia na que o buenense Benito Vilas daba conta, tamén gráfica, dun petróglifo da localidade sueca de Norrköping. El mesmo o describe: "Parei nesta cidade para ver os seus petróglifos e, para a miña sorpresa, nunha das laxes, que recibía o nome de Himmelstalund, atopeime coa figuración esquemática onde é posible ler claramente Bueu". Sacou a fotografía que pode verse aquí para "poder mostrar como nesa época xa quedaba o nome de Bueu escrito para a posterioridade nunha rocha".
A partires de aquí pódese conxecturar se o dito ten algo que ver con que o bueuense Jorge Santos puidera estudar e logo publicar sobre a civilización Maia… Se o aportado por Benito Vilas da pé a teorías sobre “os viquingos… e a toponimia…” .
Eu só o fago constar…“…tu wolol puk’sik’al”
(“…con toda cordialidade” en maia yucateco, segundo o experto Jorge Santos)