A auga: As
fontes son lugares de prodixios e sanacións. O mar lugar de purificación e
rexeneración. Na Fonte dos Tornos (en
Xexide) : se se collía a flor do fento aparecía unha fermosa moza de pelo
louro. Encantamento tamén se dá no “Buraco da moura” en Cela-Paralaia.
O lume como elemento purificador, de conxuro,
renovación, … Na Fonte (factor auga) de San Lourenzo de Cela (factor lume) óbrase o
encantamento coa “Galiña dos pitos de ouro”
Como nos di Taboada Chivite: “En moitos pobos de Galicia
alcéndese lumeiradas, fogueiras,
cachelas, lumes; na praza, na rúa, nunha encrucillada, no monte ou por barrios.
Báilase arredor e chóutase por cima delas con fins catárticos e propiciatorios,
ás veces cun conxuro: Salto por riba do lume de San Xoán / para que non me
morda nin cobra nin can.”
Como recordo do que foron as festas de S. Xoán
citar o poema de Alfredo Brañas titulado:
Lembranzas!
Quén pode esquencer de vello
Os seus tempos de rapás?
Quén pode esquencer a noite,
A noitiña de San Xoán,
C’o seu séquito de bruxas,
Fogueiras, baños de mar,
Augas de rosas,parrandas,
Os seus tempos de rapás?
Quén pode esquencer a noite,
A noitiña de San Xoán,
C’o seu séquito de bruxas,
Fogueiras, baños de mar,
Augas de rosas,parrandas,
Troulas, bailes y aínda mais?
….
Para lembrar, lembrar como nolo presentaba a prensa
local, a festa de San Juan en Bueu hai 100 anos (Transcribo o artigo
traducido):

Diante da
fábrica de don Juan Tapias [onde
están actualmente os pisos de Alonso en Pescadoira], houbo, como todos os anos, verbena con fogos
artificiais e baile, terminándose ás doce da noite.