Estes
días está a ser noticia en todos os medios de comunicación o asalto con lesións
e roubo ao cura de Esgos. A coincidencia non é máis que iso xa que esta segunda
entrega de bandidosou
bandoleiros no noso concelloleva
programada para estas datas máis dun ano.
Dende finais do s. XVIII e primeira metade do s. XIX constátase un
aumento do número de pequenas bandas de delincuentes que actúan en zonas máis
ou menos amplas realizando asaltos coa, finalidade de roubar, pero que moitas
das veces acaban con mortes.
Non hai documentación procesual que incrimine a individuos das nosas
parroquias
coma pertencentes neses grupos aínda que non hai que descartar que houbera certa
complicidade dalgúns elementos tanto para sinalar obxectivos coma para
facilitar o atraco non poñendo dificultades ou mesmo non acudir ante a alarma
ou petición de auxilio por parte dos prexudicados. Isto parece ser que foi o
que ocorreu ao finais do xullo de 1817 cando un grupo de sete homes comandados
por Fernando Serén, desprazáronse nun barco,
dende Portonovo ata a praia de Beluso co propósito de achegarse pola noite ata
a casa do abade de Bueu (1806-1821) D. José Benito Pazos de Provén. O cura e
familiares daban berros para que acudiran os veciños con axuda pero o silencio
era total e, como el mesmo constata na súa declaración,
negáronse a socorrelo.
O párroco non só o tivo que pasar moi mal polo feito de ser aldraxado,
roubado,... ou abandonado polos seus fregueses, senón que o temor a ser
asasinado era real como uns anos atrás lle ocorrera ao cura de Aldán a mans da
banda de Benito Fontenla.