
Carballeira fixo unha pequena recensión do seu libro “O baldaquino en
Galicia denantes do arte barroco” que Filgueira escribira con Fernández Ojea. A
dito fascículo o cataloga dun “fondo
valor pedagóxico”. E remata dicindo que serve para mostrar fora de Galicia
que aquí temos xente que se preocupa por estudar “o que somos e o que temos na nosa terra.
Parécenos este labor fundamental para
botar raíces dunha nova Galicia, porque un pobo comeza por asentarse
historicamente cando discorre o seu pensamento cientificamente, sobre o camiño da
razón, onde as cousas son tal como son e sábese por que.
Os señores Filgueira e Fernández Ojea
puxeron coa súa obra un fito máis na nosa nova cultura”
-------
A D. José Filgueira o lembro como profesor na súa etapa de Procurador en
Cortes. Cito isto último porque na ousadía rebelde cando mozo recrimineillo
sutilmente para, rapidamente e ante a súa reacción nerviosa, tornalo en
xustificacións de utopías persoais que lle agradaron máis do previsto e me
valeron un recoñecemento inmerecido ao longo da miña etapa no instituto. Froito
desa consideración foi que habendo rexeitado a súa proposta de ser Estrepsíades
ou Sócrates, na obra As nubes de Aristófanes, non o puiden
facer co papel do “Racionamento Xusto” o que me permitiu coñecer a unha persoa,
que con todas as súas contradicións, tomou o rol de profesor-guía que, á vez,
imbuía dunha cultura sen fronteiras.