
Con todo o xornal A Unión
Católica do 14/12/1889 na súa páxina 3 citando ao O Anunciador, de Pontevedra
dá a noticia da existencia dun concelleiro de Bueu que, a parte de ser
analfabeto, non paga os impostos a Facenda. Faio nos seguintes termos:
“Di El Anunciador,
de Pontevedra, que en Bueu, hai un concelleiro que non sabe ler nin escribir,
que asiste puntualmente ás sesións nos dous anos que é concelleiro e que non
paga contribución algunha ao Estado, faltándolle aínda dous anos para cesar no
seu cargo”.
1 comentario:
Arturo, que non sei se podes ou non columpiarte neste caso. Eleccións censitarias, en función da contribución dos electores e elixibles: se non contribúe non pode formar parte do concello como propietario, se é analfabeto tampouco pode formar parte da corporación como cualificado.
Creo que o que se está a cuestionar unicamente é o seu dereito de ser concelleiro.
Publicar un comentario