Hai anos a través da Asociación Amigos da Biblioteca
fixeramos un chamamento a todos aqueles veciños que posuían algún exemplar do
xornal ‘LA VOZ DE BUEU’ para que puideran doalo á Biblioteca ou permitirnos
fotocopialo, a fin de que haxa unha copia en depósito nas Bibliotecas do
concello e colexios (ao igual que conseguíramos coa recuperación dos xornais de
El ADELANTO). A importancia desta
recuperación do material hemerográfico local reside na práctica desaparición de
tal periódico das bibliotecas e museos. Temos lembranza da encadernación de todos os exemplares que tiña o concello!
Faise pois preciso a colaboración de todos aqueles
particulares que, por gardar os seus maiores un recordo daquel periódico ou por
manter eles un interese recompilatorio, posúan algunha copia, recorte, etc. se
presten a permitila súa recuperación para patrimonio de todos.
De querer poñerse en contacto con nós[1] pode
facelo a través do seguinte enderezo: viladebueu@gmail.com ou nas Casas de
Cultura/Bibliotecas do concello, Arquivo Municipal (en Cela), etc. onde si o desexa, terá a
discreción asegurada.
Na miña páxina http://bueu.ga
ou directamente en http://bueu.esy.es/Xornais/Voz.htm
podedes mirar uns poucos exemplares,
recortes ou transcricións moi lonxe daqueles dos 120 números que saíron á rúa
de 1904 a 1906.
E agora
un pouco de noticias ‘novas’ do que fora La Voz de Bueu:
“Ao obxecto de levar a cabo o
ordenado polo Ilmo Sr. Gobernador Civil da provincia na anterior comunicación
cítese ao Director propietario do semanario que se publica na localidade D.
Ramón Galup Maneiro para que cumpra o preceptado no artº 11 da lei de imprenta
de 26 de xuño de 1883 presentando no acto da publicación do seu xornal titulado
‘La Voz de Bueu’ tres exemplares de cada número, autorizados coa súa firma para
os efectos que dita comunicación indica.
Así o determinou a Sor. Alcalde D.
Laureano Piñeiro Domínguez na Constitucional de Bueu a dez e sete de Xaneiro de
mil novecentos seis, de que eu Secretario certifico.”
Logo houbo
una Notificación:
“Na Consistorial
de Bueu a dezasete de Xaneiro de mil novecentos seis, previa orde ao efecto
presentouse D. Ramón *Galup Maneiro director propietario do xornal titulado ‘La
Voz de Bueu’ que sae á luz nesta localidade unha vez cada semana, e pola Sor.
Alcalde presidente léuselle a comunicación e providencia que antecede do que
quedou decatado e ofreceu cumprir baixo as penas da Lei, en proba do que asina
despois do dho Sor Alcalde, de que eu secretario certifico”
Ningún comentario:
Publicar un comentario