22/11/12

Ás 6 da tarde do día 23 de novembro de 1912, fai 100 anos, que morreu en Bueu Manuel Perez Lapido o que fora o único médico de todo O Morrazo “…así tanto visitaba un enfermo de Aldán, Hío ou Coiro como ía a Ardán ou Cela, non tendo un momento de repouso…”.
A súa familia era da Comarca de Santiago de Compostela, do concello de Ames. Chegou a Bueu da man do seu irmán, Andrés Pérez Lapido,  que estaba de cura párroco de San Martiño de Bueu dende 1824 (ata 1846).
Casou con Carmen Agulla Solabarrieta, filla dos salgadeiros Miguel Agulla Juncal e Josefa Solabarriesta Travieso, que tiñan residencia en Marín e Bueu. Os restos dunha da súas salgadeiras foron destruídos hai uns meses para construír un edificio (fronte a onde estaba a Capela Vella).
Chegou á idade moi avanzada, 86 anos, e ainda había poucos que deixara de ser o titular médico da praza. Segundo o xornal El Adelanto, agora de retirado víase “sempre de paseo, ergueito coma unha árbore robusta, desafiando ao tempo cunha saude a toda proba”.
Se longa foi a súa carreira coma médico tamén o foi a súa dedicación á política, sendo longo tempo xefe político da localidade, arbitro en todas as cuestións relevantes, gran amigo de Montero Ríos, era moi coñecido e respectado en todo o distrito.
No seu pasamento levaban as cintas que pendían do féretro os señores D. Juan Tapias, D. Salvador Massó, D. Luis Prieto e D. Miguel Nogueira.

Outra notas de Manuel Pérez lapido:
-         1855… Aparece tomando parte na lista de electores encargada da elección dun diputado ás Cortes Constituíntes.
-         1870 e 1872… Poder de Manuel Perez Lapido a súa muller, Carmen Agulla Solabarrieta, para que aclare, coa súa nai e irmáns, a liquidación da herdanza pola morte do seu pai.
-         1874…José Agulla merca a Juan Franco Fraguas unha veiga na “Lagoa dos Lombeiros” para o seu cuñado Manuel Pérez Lapido.
-         1875… Venda de Pérez Lapido a Salvador Massó dunha finca na “Lagoa dos Lombeiros”.
-         1880… Venda de Salvador Massó a Pérez Lapido dunha finca na “Lagoa de Lombeiros”, lugar da Praia” por 2000 reais
-         1890… Nos baixos da súa casa había unha farmacia (a da dereita do actual Museo Massó).
-         1891… A partires deste ano participaba nas tertulias que había na rebotica da farmacia que Luís Prieto Mesía tiña ca rúa do Príncipe.
-         1903… Toma posesión coma “Médico municipal” de Bueu
-         1904… Con outras persoas relevantes, visitan a Montero Ríos para xestionar a estrada a Cangas por Aldán. Nese mesmo ano pagou a Función do Perpetuo Socorro onde houbo tamén procesión.
-    1912.... O 23 de novembro falece en Bueu

11/11/12

O día 19 de novembro 1933 nos xornais de Madrid,  El Sol (pá. 2) e “La Libertad” (páx.7) sae unha noticia, do mesmo redactor en Galicia que titula:  Lanzan un explosivo contra o auto dun candidato

Vigo 18.- Cando saía de tomar parte dun mitin electoral no pobo de Beluso o candidato das dereitas D. Víctor Lis Quibén, un grupo oculto na oscuridade lanzou un explosivo contra o coche. O Sr. Lis resultou ileso e ignórase quenes poidan selos autores.

Víctor Lis Quibén (Bós Aires 1894/Pontevedra +1963) estaba de campaña no noso concello porque aquí había agrupacións masculinas e femininas da CEDA de Gil Robles coalición na que estaba integrada a Unión Regional de Dereitas (UDR) da que Lis Quibén era membro destacado.
 Nestas eleccións o Sr. Lis acadou o escano no parlamento español con máis de 67.000 votos.

A noticia é espida, pero significativa das tensións entre as esquerdas e as dereitas máis radicais.

Perfiles de Víctor Lis:
* Destacada actuación coma dirixente da Garda Cívica de Pontevedra que o relacionan con acontecementos luctuosos non só na contorna de Pontevedra senón noutros puntos da provincia.
* A outra cara de Víctor Lis Quibén, capitán médico de Sanidade Militar, publicista, investigador da etnografía e do folklore, escritor de libros como “La medicina popular en Galicia” prologado por Fermín Bouza Brey.

10/11/12

Na noite de onte houbo a presentación do libro “Soltando amarras” de Pedro Castilla Madriñán… serviu tamén como un acto no que se fixo memoria, puxo en valor, sacou do esquecemento e manifestaron reivindicacións históricas e familiares dos mariñeiros do San Fausto e O Con que por mor do malos fados morreron nun combate de estratexias na que a rolda dos ventos os confinou nun momento e lugar que eles non decidiran. Tamén presentouse como unha homenaxe aos mariñeiros en xeral, e aos que tiveron que partir para outros mares (especialmente na Andalucía e máis concretamente na provincia de Cádiz de onde é natural o autor e onde residen os morracenses protagonistas da mesma: Gaspar Santos, Vicente Otero e Antonio Otero).
O historiador José Regueira Ramos presentou de forma maxistral, didáctica e  con ampla documentación, os tráxicos feitos ocorridos, na madrugada do 27 de agosto do 1938, aos 24 mariñeiros galegos.
Logo veu un acto moi emotivo de recoñecemento ás vítimas do esquecemento e aos seus familiares.  E, por se a emoción fora pouca, encheuse coa presenza e testemuña de sor Manuela como filla do falecido patrón da “pareja” San Fausto e O Con, o bueuense Enrique Pereira Castro  e Mª de los Ángeles Pereira coma neta do mesmo.
Como autor de “Soltando amarras”, Pedro Castilla Madriñán, deu as claves do seu libro onde a mestura de ficción e historia poñíanos frote ás vivencias personais de amigos alí presentes e coa reivindicación da verdade dos feitos ocorridos a veciños destas terras.
Remataron as ponencias coas palabras do Sr. Alcalde de Bueu dando o respaldo institucional a actos culturais e sociais coma este e posicionandose contra calquera tipo de barbarie e pedindo a toma de partido por parte da sociedade contra calquera tipo de violencia incluída as accións bélicas do estados.

Como resposta positiva ao homenaxe do pasado 9 de novembro, Sor Manuela, en nome do seu pai de Enrique Pereira Castro patrón do san Fausto, envioulle ao seu sobriño Gaspar un belo poema de agradecemento por todos os traballos de recollida de material, posta en valor dos mesmos, perscudas feitas, libro, homenaxes…:

                       A mi nieto GASPAR

Un santo orgullo  invade mi ser
por ti, Gaspar, por tu bondad,
por tu tesón e interés
en descubrir la verdad
de nuestro embarque final,
y a todos darla a conocer.

Este gozo es compartido
por todos mis compañeros,
por tu abuela, tus padres y tíos.
Pero sobre todo por Dios
que bendice tu camino
de humildad y de hilar fino.

A lo largo de tu vida
nuestra protección tendrás.
Dificultades y cruces
con ellas has de contar;
pero tendrás fortaleza
y no perderás la paz.

Tira siempre hacia delante,
con la mirada en lo Alto
y con el corazón abajo:
en tu mujer y familia,
amistades y trabajo.
Esto te dará descanso.
                Con todo el cariño  de tu abuelo Enrique

Nota:
* Vídeo no que se pode ver a Mª Ángeles Pereira lendo o poema "Homenaje, 74 años después". Gravado e posto en youtube e no seu blog por Emilio Rodríguez Miranda

Únicos sons que puiden "recuperar" do día da presentación, en Bueu, do libro "Soltando amarras":
   
* Sor Manuela Pereira             


* Mª de los Ángeles Pereira

* Presentación de Pedro Castilla


* Pedro Castilla (autor do libro) 

* Sr. Alcalde: Félix Juncal (incompleto) 
  

01/11/12

Un 11 de novembro de 1923, un puñado de veciños de Bueu na Arxentina constitúen unha Sociedade que os representara socialmente como colectividade numerosa que eran.
Os inicios foron entusiastas e parecía que ían competir en relevancia a outras similares que comezaran a proliferar na emigración por esas datas. Máis “cousas imprevistas malograron ese esforzo ata que quedou en nada”.  Pasarían un poucos anos ata que non se retomara a idea da reorganización e no novembro do 1932 comezouse co mesmo entusiamo que nove anos antes pero, como o directivo José Paz recoñece, “tamén cos mesmos defectos, coa diferenza de que puido sobrevivir” máis tempo grazas á “obra serena e metódica dunhas boas comisións directivas”. Durou máis de 36 anos.
Unha das actividades máis relevantes ao longo do ano era o “Gran Xantar e Baile” que nas datas do San Martiño se facía para celebrar a festa do patrono de Bueu. Todavía no ano 1968 celebrábase ese xantar como pode apreciarse na invitación seguinte