26/04/13

Xa cando falamos da fibela de ouro previsigótica mencionamos que “ O lugar do achado parece que foi ao construír (1921) Don Salvador Massó Ferrer e Julia Bolíbar Galup a casa “Silveiras” na rúa Montero Ríos para as súas fillas Mercedes e Teresa”.
Polo relevante para a vida industrial e arquitectónica da provincia dicir que:

  • Julio Barreras Massó (1879 / +7-9-1951). Casado con Mercedes Massó Bolíbar (“Memé”). Tivo coma fillos a Alfonso, Rafael, Salvador, Julia (“Julita”) e Margarita (“Margot”). Forxado no mundo dos negocios no seo familiar e nas súas estancias no estranxeiro (Hannover, Bruxelas,…). Dentro do entramado industrial da empresa familiar D. Julio ocúpase dos negocios conserveiros. Xunto aos seus irmáns (José e Federico) constituen en 1907 a sociedade Hijos de J. Barreras. Vicecónsul de Finlandia en Vigo. Rosa Blanca da dita nación. Medalla do Mérito ao Traballo…

  • Jacobo Esténs Romero (1880-1959). Casado con Teresa Dolores Massó Bolíbar (“Teté”). Un dos tres arquitectos que había na cidade de Vigo no 1920. Nos primeiros anos do s. XX segue a tendencia “academicismo clasicista renovado”, que a partires dos anos vinte dese século tende á monumentalidade de obra polas maiores alturas dos conxuntos arquitectónicos. A súa actividade non só se cinguíu a súa profesión coma arquitecto senón que estivo ligada á docencia na Escola Industrial de Vigo,  
 A relación coas familias Massó e Bolíbar no só se circunscriben ao familiar senón ten derivas económicas que podemos resumir en tres actuacións relevantes:

- Ata o 1928 posuía J. Barreras unha participación do 50% na fábrica que en Menduíña tiña a familia Bolíbar.

- Julio Barreras, a traves da empresa Hijos de J. Barreras, e o seu cuñado, o arquitecto Jacobo Esténs, colaboran para edificar a “fábrica nova de Massó” en Bueu que se inagura no 1926.
      - Jacobo Esténs é o arquitécto que leva a cabo o proxecto de Tomás Bolíbar Sequeiros na  construción da nova factoría dos Massó en Cangas.

10/04/13

Hoxe dentro da campaña "A semana do teu comercio. Unha semana, un comercio, unha historia" que impulsa a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia haberá un acto para renderlle unha homenaxe á Panadaría A BICHA como “o negocio asociado máis antigo de Bueu” .
E tal como recolle a prensa local, por exemplo Faro de Vigo, “Cinco generaciones entre la harina”. Nun artigo, asinado por un excelente periodista como é David García, fai unha descrición da historia da dita panadaría. Pouco ou nada que obxectar. Máis por lo cariño que lles profeso quixera achegar algún dato que se sume aos expresados:
  • A primeira panadaría que se ten referencia en Bueu é no contorno de 1834 no lugar da Praia (zona de Pescadoira). Onde estaba situada edificouse logo unha salgadeira e xa no 1904 había unha fábrica de conservas (1)
  •  Fálase de “Cinco generaciones…” eu diría, alomenos, “Seis xeracións…” xa que:
1.      O primeiro panadeiro desta estirpe datado era Benito Pousada Barreiro (2) e a súa muller Josefa Lijó. (3)
2.      Estes foron pais de Florentina Pousada (4) Lijó que ao casar en 1883 con Francisco Lorenzo Lorenzo traballaron na panadaría e logo quedaron co negocio.  
3.      No 1884 naceu Francisco Lorenzo Pousada que casou con Carmen Santos. Estes continuaron co negocio pero alugando un novo local na rúa do Principe (Eduardo Vincenti) na casa do Sr. Camilo, fronte ao actual restaurante Quintela. Máis tarde trasladáronse ao lado do actual Hotel Incamar, onde tiveron forno e co paso do tempo ao inaugurar as actuais instalacións (1953) quedou coma “despacho de pan” ata hai poucos anos.  
4.      Seguiron co negocio seus fillos Amador Lorenzo Santos e José Guillermo Lorenzo Santos (Xeso). Continuou na panadaría a viúva de José: Dolores (Lola) del Río Freire xa que os herdeiros de Amador montaron outra panadaría en A Graña.
5.      Digna Catalina Lorenzo, irmáns e cuñados
6.      Sobriños e fillo de Digna
 NOTAS:
(1)  Ver entrada deste blog do 1/03/2013 ou premendo aquí
(2)  Benito Pousada Barreiro era fillo de Domingo Pousada e Benita Barreiro
(3)  No ano 1879-1882 había como panadeiros de Bueu: Alejandro Rodríguez, Francisco Ferradás e Benito Pousada. E como Panadeiros de Beluso: Juan García
No 1883-85 estaban como panadeiros de Bueu: Salvador Ferradás e Benito Pousada. E de Beluso: Manuel Regueira (nos Anuarios non aparece Juan García)
No 1888 seguen en Bueu: Salvador Ferradás e Benito Pousada. E en Beluso,  Juan García
(4) Noutros documentos poñen “Parada”
Panadaría anterior a 1953 e logo "Despacho"
 

01/04/13

Párome unha vez máis a falar da “Casa Silveiras” para amplificar  aspectos que poden se considerados coma relevantes tanto do paso da historia (1), como os cruces de propietarios (mercar e vender) de familas vencelladas á industria salgadeira e as fidalgas e, por último, con familias claramente entroncadas co mundo do mar, da docencia ou do mundo da empresa (isto verémola máis detidamente na entrada: Casa Silveiras-II).
Aquí partinemos de documentación e/ou apuntes feito por Narciso Galup con respecto ás pertenzas súas ou de familiares na zona de Pescadoira e, sobre todo porei aspectos que poidan ser de interese da  citada casa “Silveiras” e como esta chegou a mans dos Massó, Barreras, etc.
 
“La heredad nombrada Silveira, sembradura 10 ferrados poco mas o menos en mitad con mi tío D. Tomás Galup segun escritura (…) con la pension de 200 reales al Sr Pimentel sobre soforo y 16 concas de mediado al Sr. Montenegro y ___________  concas de mediado al Sr. de Lago cada un año. Los 200 rs de soforo se redimiran 100 a D. Pedro Pimentel segun escritura nº (…)  y los otros 100 a D. Manuel Salgado por poder de su mujer Dna Concepcion Pimentel segun escritura nº 3.”
 (Nº 3) “Copia de la escritura de conbenio del prado de Silveiras con María Teresa y Jaime(2) y Escriturado. Y escritura de redención de bienes de saforo hecha esta en 23 de mayo de 1846 por Manuel Rodal escribano de Cangas. Esta escritura la llevó D. Gaspar Masso que fue quien compró la parte nuestra del prado ó mejor dicho se la compró una parte a Gumersindo Meira por habersela dejado Magdalena al Meira ó a su hijo arrimar á la casa del finado padre que se la vendió entiendase del prado todo la mitad hera de mi señora madre y la otra mitad de Bolibar la mitad de mi señor padre correspondía o hera desde el medio del pasado en línea recta de norte a sur todo lo que correspondía arrimado (incluso las casas) al almacén del dicho D. Salvador Gil Gelabert de alto arriba y la otra más para el naciente a D. Jaime. También con sus cuatro casas es para el naciente al D. Jaime tambien con sus cuatro casas es decir estaba dividido entre mi padre y Bolibart y mitad cada uno. Yo Narciso [Galup] digo esto para aclarar las cosas.

 “Convenio de las aguas del Prado que caen del Almacén de Gelabert. Llevó esta escritura D. Salvador Massó por haberle comprado la parte del prado con la casa fincaba al almacén á los herederos de Magdalena Galuo (3) que  fue quien le tocó en partija.  La escritura la llevó en 10 de diciembre 1917- y llevó otra escritura de compraventa del prado D. Salvador Massó se la entregué yo Narciso en 1921. mes de mayo – la escritura rezaba como compradores D. Narciso Galup y D. Tomás Galup.”
 
(1) Ver a entrada do blog “Unha fibela de ouro do século V en Bueu
(2) Para entender un pouco este “popurrí” de nomes dicir que a Mª Teresa [Galup Moreu] estaba casada con Jaime Bolibar Bonell, era filla de Tomás Galup (irmán de Narciso Galup Vergés)
(3) Filla de Narciso Galup Vergés