21/03/15


Que o Día de San Xosé en Bueu sempre tivo predicamento o demostran as comidas dos “Pepes”,  a advocación da “Capela” que se levantou nos terreos da praia de Pescadoira e posteriormente na igrexa do que foran escolas de Orientación Marítimo Pesquera, despois Escola Náutica... ao inicio da rúa Pazos Fontenla. Que o Día de San Xosé en Bueu sempre tivo predicamento o demostran as comidas dos “Pepes”,  a advocación da “Capela” que se levantou nos terreos da praia de Pescadoira e posteriormente na igrexa do que foran escolas de Orientación Marítimo Pesquera, despois Escola Náutica... ao inicio da rúa Pazos Fontenla.
Non é de estrañar o énfases que o correspondente en Bueu do xornal La Provincia para describir a celebración destas festas. Así o podemos ler na transcrición das celebradas no 1917:
Todo canto puidésemos dicir para relatar o éxito dos festexos que o 18 e 19 tiveron lugar na vila, sería pouco comparado coa realidade.
A brillantez do día coroou os esforzos dos animosos mozos que integraban a comisión das festas e unido a isto os moitos forasteiros que vimos durante eses días, con razón pode dicirse o arriba exposto.
A banda dos exploradores gustou moito, tributándoselle repetidos aplausos, sendo obsequiados os mozos músicos nas Sociedades “Liceo Casino” e “Círculo Mercantil” por ambas directivas. O seu director, o simpático mestre Serrano, recibiu moitas felicitacións.
Moi ben a carreira de bicicletas na que tomaron parte nove corredores; o primeiro premio, consistente nunha fermosa figura de arte, adxudicóuselle ao mozo de Cangas Remigio Rodal, e o segundo, unha cigarreira de prata, ao noso amigo Attilio Gaggero.
A procesión.
Digna de toda encomio foi a procesión de San Xosé na tarde dese día.
Xamais puidemos crer resultase tan solemne e concorrida e así en efecto, ao seis da tarde era de todo imposíbel dar un paso na praia, punto onde se levanta a capela do santo patriarca.
Alí miramos dúas longuísimas filas de homes e mulleres, o máis distinguido deste pobo, con velas acesas. O fermoso estandarte do adiñeirado propietario señor Nores, era levado polo noso digno párroco D. Juan M. Casanade e os cordóns polos Sres. Nores e Nogueira.
Seis mozos distinguidos, Pepe Madrigal, Pepe Cerqueiro, Pepe López, Pepe Rodríguez, Pepe Lago e Pepe Prieto, eran portadores do anda coa imaxe de San Xosé, agasallo do cabaleiroso Sr. D. Gerónimo Bolívar, sendo escoltada por seis gardas do corpo de Carabineiros.
Pechaba a marcha o clero destas parroquias e detrás unha multitude numerosa ávida de presenciar o sublime acto relixioso desta tarde, cuxo recordo quedará sempre nos fillos desta vila.

11/03/15

O día 4 de decembro do 1956 rematou en Madrid o Concurso nacional de Coros e Danzas da Sección Feminina. Participaban todas as provincias españolas con aqueles grupos que foran seleccionados entre os mellores.

Había participación nas seguintes especialidades:
  • Coros de xuventudes, neste caso gañou os representantes de Córdoba.
  • Coros de Sección Feminina, primeiro premio para os de Alberique (Valencia).
  • Danzas de xuventudes, gañaron os de Proaza (Asturias).
  • Danzas da Sección Feminina, levou o premio extraordinario os representantes ibicencos.
  • Grupos mixtos de coros y danzas, que gañou Astorga (León).
  • E no Grupo de Sindicadas, gañou o grupo que ía de Bueu. (Neste apartado había un único gañador)

Compoñentes do grupo:
Teresa  Portela Bravo, Celsita Chaves, Carmen Medraño, Marina Barreiro, Josefa Santos, Josefa “Palomita”, Rosa “Barrabasa”, Ana Mª Lis Bueno, Carmen “Pardela”, Rosita “Rata”, Carmiña “Barrabasa”, Mercedes “Salera”, Lito Estévez. Os gaiteiros era os Irmáns Barros.

Con anterioridade, o 18 de setembro de 1956, deran unha exhibición na illa de Ons na clausura do Curso Cátedra organizado pola Sección Femenina



O grupo de danza de Bueu, instruido por Ana María Bueno presentouse no “Festival Folklórico Galego” de Vigo o día 25 de xullo de 1958 onde presentou bailes na súa máis elemental autenticidade, pero provistos dun sentido plástico e coreográfico”