24/02/15

El Liberal (14-1-1908 páx. 4)


Dende o medievo e ao longo de toda a xeografía peninsular había por costume, principalmente nos pobos pequenos e aldeas, que cando un vello casaba cunha moza ou unha  vella cun mozo, ou cando un dos contraentes era viúvo ou os dous eran moi vellos,  que o contraente fora forasteiro,…facerlles na noite de vodas un rito nupcial moi especial, que podía repetirse ata nove noites seguidas. Consistía en que as xente, principalmente os mozos, do lugar molestaban aos recen casados có que se deu en chamar chocalladas ou cinzarradas pois producían ruídos cal música desapracible utilizando chocas, chocallos, cornos,  tixolas, ferrallas, cornetas, pandeiros, etc. Máis no caso que estes houberan feito unha festa na que estivera invitada toda a xente do lugar case sempre desactivaban esta “cerimonia”.
A explicación sociolóxica vai da man da non aceptación de tal unión por entrar en conflito coas “normas” ou valores do grupo social ao que pertencen.
As veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os participantes da mesma.

As veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os participantes da mesma.
Na nosa vila aínda que estaban explicitamente prohibidas[1] por bandos municipais, estes non eran impedimento para que esta costume estivera moi arraigada na xentes. Para mostra, o exemplo posto arriba de Beluso que, polo acontecido en 1908, transcendeu aos xornais.


[1] A Igrexa tamén o prohibiu xa dende o s. XII, pero sería o Concilio de Turín no mediado do s. XV cando o fixo explicitamente. Moitos gobernos tamén o prohibían como o caso de Carlos II onde se penaba con multa e cárcere.

12/02/15


O 12 de febreiro de 1931, compadeceu M. V. F. casada e veciña desta vila dicindo que unha comparsa que ía actuar no Entroido canta un romance e mostrará un cartel explicativo que alude a feitos privados da denunciante que considera a todas luces calumniosas e que redundan en prexuízo da súa fama. Polo que se pide prohiba que se cante á letra e se poida mostrar o dito cartel.
Ese mesmo día Amando A. E. presenta ante a alcaldía tres exemplares dos “cantares” cun cartel demostrativo das mesmas pertencente á comparsa intitulada “Las Mormuradoras”.
A resposta do alcalde Perfecto García Nogueira a estas peticións foi “denegar la autorización que solicita o Sr. Ave para cambiar dita letra, prohibíndolle así mesmo, que exhiba o cartel demostrativo”, sobre todo polo cantable “Cantigas do Cego”, “cuxa letra ademais de ser contraria á decencia e ás boas costumes, pode molestar a persoa determinada desta veciñanza”.
Logo do Entroido, o 24 de abril, o responsábel da comparsa achégase ao concello para “pasadas as circunstancias que motivaron a incautación referida” reclamar o cartel. O novo alcalde Ramón Domínguez Ferradás entrégallo persoalmente.


Letra da comparsa que motivou á prohibición:
 




01/02/15



No desaparecido[1] exemplar de “La Voz de Bueu” de febreiro de 1905 dáse conta da festividade de San Brais en competencia ás de Seixo e, sobre todo, á da Magdalena de Coiro:

San Brais. Foi contratado o incansable gaiteiro de Moaña, «Tornillo» para celebrar en Beluso unha festa dedicada a San Brais”.
Curioso tamén é que na mesma noticia “Facíanse suxestións para que na festa da Xuventude prescindíranse «da maior parte das cerimonias relixiosas, co que se evitarían desgustos doutros anos, que motivaran quedarse sen a mellor festa de Bueu»


[1] Máis ben diría “agochado”. Lémbrolles que a finais dos anos noventa desapareceran, da Casa número 2, os exemplares encadernados cós antigos xornais locais: El Adelanto e La Voz de Bueu. Ao pouco tempo entregóusenos, e que depositamos na Biblioteca Municipal, os exemplares de El Adelanto. Faltan por aparecer os de La Voz de Bueu. Facemos un novo chamamento para que algún día poida ser de novo lido e así se cubra definitivamente o valeiro do acontecer dun período da historia de Bueu.