No desaparecido[1] exemplar de “La Voz de Bueu” de
febreiro de 1905 dáse conta da festividade de San Brais en competencia ás de
Seixo e, sobre todo, á da Magdalena de Coiro:
“San Brais. Foi contratado o incansable gaiteiro de Moaña, «Tornillo» para celebrar en Beluso unha festa dedicada a San Brais”.
Curioso tamén é que na mesma
noticia “Facíanse suxestións para que na festa da Xuventude prescindíranse «da
maior parte das cerimonias relixiosas, co que se evitarían desgustos doutros anos,
que motivaran quedarse sen a mellor festa de Bueu»
[1] Máis
ben diría
“agochado”. Lémbrolles que a finais dos anos noventa desapareceran, da Casa
número 2, os exemplares encadernados cós antigos xornais locais: El Adelanto e
La Voz de Bueu. Ao pouco tempo entregóusenos, e que depositamos na Biblioteca
Municipal, os exemplares de El Adelanto. Faltan por aparecer os de La Voz de
Bueu. Facemos un novo chamamento para que algún día poida ser de novo lido e
así se cubra definitivamente o valeiro do acontecer dun período da historia de
Bueu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario