El Liberal (14-1-1908 páx. 4) |
Dende
o medievo e ao longo de toda a xeografía peninsular había por costume,
principalmente nos pobos pequenos e aldeas, que cando un vello casaba cunha
moza ou unha vella cun mozo, ou cando un
dos contraentes era viúvo ou os dous eran moi vellos, que o contraente fora forasteiro,…facerlles
na noite de vodas un rito nupcial moi especial, que podía repetirse ata nove
noites seguidas. Consistía en que as xente, principalmente os mozos, do lugar
molestaban aos recen casados có que se deu en chamar chocalladas ou cinzarradas
pois producían ruídos cal música desapracible utilizando chocas, chocallos,
cornos, tixolas, ferrallas, cornetas,
pandeiros, etc. Máis no caso que estes houberan feito unha festa na que
estivera invitada toda a xente do lugar case sempre desactivaban esta
“cerimonia”.
A
explicación sociolóxica vai da man da non aceptación de tal unión por entrar en
conflito coas “normas” ou valores do grupo social ao que pertencen.
As
veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os
participantes da mesma.
As
veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os
participantes da mesma.
Na
nosa vila aínda que estaban explicitamente prohibidas[1]
por bandos municipais, estes non eran impedimento para que esta costume
estivera moi arraigada na xentes. Para mostra, o exemplo posto arriba de Beluso
que, polo acontecido en 1908, transcendeu aos xornais.
[1] A
Igrexa tamén o prohibiu xa dende o s. XII, pero sería o Concilio de Turín no
mediado do s. XV cando o fixo explicitamente. Moitos gobernos tamén o prohibían
como o caso de Carlos II onde se penaba con multa e cárcere.
Ningún comentario:
Publicar un comentario