18/03/14

Hío e Aldán segregáronse para pasar a pertencer a Cangas o 2 de marzo de 1873 pero a nivel xudicial en agosto do 1874 aínda seguía a pertencer ao concello de Bueu por isto, e por que a empresa que traballaban os protagonistas desta entrada tiña a súa sede en Bueu, é polo que o relato seguinte dilucídase no noso pobo.

Os feitos que imos narrar ocorreron na praia de Menduíña fronte á salgadeira da familia Bolíbar: 
Estando Francisco C. como patrón do arte ou xávega destinada á pesca da sardiña, da sociedade de Bueu, Bolíbar e Hijos en ocasión que estaba ao fronte de corenta homes que tiraban por unha arte de pescar, o día 23 de xullo de 1874, achegouse un fomentador, solteiro, chamado D. Enrique M., tamén de Aldán, e na presenza dun público numeroso, na praia de Menduíña, e sen motivo algún doulle de labazadas.
O agredido considera o acto grave polo que se ve na obriga, ao seu pesar, a demandar a un veciño seu con quen mantivo ata agora diverxencias grandes, aínda que noutra ocasión xa se vira por aquel ofendido de palabra que perdoou sen rancor; pero esta vez constituíu unha unha verdadeira afronta “para o que di polo seu carácter de encargado de varios xornaleiros e representante dunha respectábel casa. Tivo con todo a prudencia suficiente para evitar que houbese unha loita promovida por todos os homes que estaban ás súas ordes cos que se puxesen de parte do ofensor”.  O único que lle pide en acto de Conciliación é que “o inxúriante retráctese do feito executado e publicamente lle dea a debida satisfacción cal foi e o merece a ofensa”.
Como pode verse todo unha persoa exemplo do saber estar, da ponderación,  do sentido da responsabilidade, da mesura na palabra,... que non podía asinar por non saber...

A resposta da parte demandada foi que “que nada ten obxectar; que sendo improcedente este xuízo oponse a el e lle contestará no seu día [nunha instancia superior]”. 

07/03/14


Na tarde dese día recibimos a visita da comparsa Xograres.
José López
Esta afinada masa coral executou, entre outras pezas musicais, unha bonita muiñeira.
La Voz de Bueu envía á comparsa Xograres e especialmente ao seu director Sr. Estévez, expresivas grazas pola deferencia de que fomos obxecto.
*****
Nas últimas horas do domingo, varios mozos que ían nun coche diante da comparsa Aragonesa, no momento que pasaba o noso director preto desta colectividade, deron unha viva á VOZ DE BUEU, o que agradecemos , sentindo que non nos foi posible dada a aglomeración de xente que seguía naquel momento á comparsa Aragonesa- contestar con outra viva aos nosos distinguidos amigos.