22/09/12

Cabo Udra:
O marte, 5 de febreiro de 1619, os irmán Nodal na súa viaxe cando qixeron verificar o descobremento do estreito Le Maire (feito tres anos antes por navegantes neerlandeses) e que chamaron de San Vicente no extremo sur do continente americano. Nesto estaban cando describen e nomean ó cabo seguinte a San Ildefonso como Cabo Udra en memoria do de Beluso. Isto o dabamos a coñecer máis polo miúdo no outubro do 1998 na revista O Candil nº 19 e  nunha exposición, en colaboración coa Asoc. Amigos da Biblioteca, titulada “O mar do noso pasado” .

Punta Aguda:
Cristóbal Colón, o 14 de decembro de 1492, na súa primeira viaxe a América, ao chegar a un saínte da Illa Tartaruga lle puxo o nome de Punta Aguda coma a que hai na parroquia de Beluso (É a punta que polo leste resgarda á praia de Tuia).

Punta Pedra Branca:
Cristóbal Colón na súa terceira viaxe a América, e nunha punta ao leste da Illa de Trinidade ao chegar a un saínte da illa americana de Tartaruga lle puxo o nome de Pena Branca como a que hai preto da Roiba-Beluso.
Tal coma dí o “Derrotero de las Costas de España y Portugal” (páx. 371): “Dos cables más más al E. de la punta de Cabalo, está la llamada RUBIA ó de PIEDRAS-BLANCAS. Viene a ser un conjunto de piedras blanquecinas que aparecen aisladas y separadas del continente 20 brazas (33,4 m). A la más salienta nombran PANADEIRA.
…El trozo de costa comprendido entre las puntas Aguda y Piedras-blancas es alto y escarpado, y sólo una pequeña playa se descubre á bajamar…”

Nota: O paralelismo dos dous últimos topónimos mencionados con Bueu son discutidos por uns e defendidos por outros tal como pode lerse tamén, entre outras, nas páxinas 196 e 201 do libro “Galicia, patria de Colón: obra patrocinada por el Comite pro-Colón español de la Habana (Cuba)” escrito por Enrique Zás no 1923.

04/09/12

Acabo de chegar do xa moi amplamente recoñecido FICBUEU e sen pretendelo -ía facer outras cousas- lembreime dun artigo de Carballeira  e decidín poñelo para que coñezades como se respiraba, en canto ao cine, no Bueu de 1934... 
Pensade que o cine era un xénero novo que non chegaba aos 40 anos de idade... e falábase xa de "decadencia"... se fora no 2012... Cal sería o titular? Poñédeo vos...
SECCIÓN: CRISTALES
 DECADENCIA ACTUAL DEL CINE
 EL PUEBLO GALLEGO       28-11-1934  Páx. 12          
 JUAN CARBALLEIRA

Transcrición:
SECCIÓN: CRISTALES
 DECADENCIA ACTUAL DEL CINE
 EL PUEBLO GALLEGO       28-11-1934  Páx. 12           
JUAN CARBALLEIRA
  
"Con el cine está aconteciendo como con la Humanidad presente: para ésta, a pesar del exceso de civilización, de progreso mecánico, la vida es mas difícil y turbia y el hombre no es menos abyecto y primitivo, en su acepción peyorativa, que cuando era la última novedad del mundo el velón de Lucena. El cine, cuanto mayor progreso ha alcanzado técnicamente, más parece también haberse retrasado en su designio artístico. Pensando en su ímpetu inicial, la altura preclara que logró escalar rápidamente y las enormes posibilidades con que cuenta, no es exagerado afirmar que el arte del cinema, tal sus rumbos y situación actuales, se halla al borde de una franca decadencia.
¿Es el cine un arte? Vieja y larga ha sido la discusión. Últimamente, Antonio Machado le niega tal categoría, confiriéndole sólo valor como medio didáctico maravilloso, como extraordinario vehículo de cultura. Y sin embargo, aunque el cine no sea capaz de dar un paisaje mental, de crear psicologías, indudablemente que puede  cuajar en un arte, con su nombre propio, su mensaje nuevo y su verdad pura.
Reduciendo la cuestión a sus términos estrictos fácil es observar que esta decadencias del cinema, esta duda sobre su categoría artística proviene, sencillamente, de no ser  fiel a si mismo; es decir, de ser un cine anti-cine, que es como si dijéramos que la música quería ser gramófono. Y este relajamiento, este vicio conturbador, coincide, precisamente, cuando más progresos técnicos alcanza para su servicio. Con la conquista de la palabra, del sonido, nos e ha sabido todavía más anti-cinismo que es dable concebir y que no implica otra cosa que la sustitución de los letreros de antes sin cuidarse que la obligación del cinema es contarlos todo él mismo, por su cuenta y riesgo, sin literatura, escrita o hablada. Un film con letreros abundantes es si duda, un mal film, como igualmente lo es con superabundancia de palabras y revelando, así la impotencia y la incapacidad de lograr con la pura imagen la creación artística. O de otro modo; en el cine sonoro actual, que es modalidad que priva para regocijo de los innumerables seres con más orejas que ojos, en su casi total generalidad, la palabra no sigue la imagen y así el film deviene un híbrido teatro de torpes y limitadísimos valores artísticos.
A lo dicho hay que sumar la lamentable tendencia de convertir todo el cinema en un absurdo motivo de formas teatrales, en su más exangüe expresión externa. Así puede observarse que las mejores películas, en su más enfático desarrollo no representan más que un vulgar teatro fotografiado; acción demorada y aquella lata de diálogos que dejamos dicho. El cine, pues, tal su tendencia actual, no descubre otra cosa que una limitada fuerza creadora, un propósito mimético, una franca decadencia, en fin que le conducirá a una prematura agostación.
¿Pues concebirse esto es un arte que dispone de enormes posibilidades que ha llegado a las masas con un éxito que obliga a una continua superación de facultades? El cinema dígase lo que se diga, ya no es un arte que se halle en mantillas, sino que cuenta ya con suficiente madurez para que pueda exigírsele perfecciones. Al cine, pues, hay que vigilarlo. Establecer en su entorno un aduaneo de crítica rígida que sirva para orientar al público y a la vez valga de estímulo a los productores para realización de un arte que auténticamente merezca el nombre de tal, porque traiga un mensaje nuevo y revele una verdad pura."

01/09/12

Por mor do espazo omito a arquitectura popular presentada como tal en libros como “Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida” de Pedro de Llano, “Bueu: o seus canteiros e os seus reloxos de sol” de Jozef Van Linthoudt, “Inventario de arquitectura industrial” de Iria Sobrino e Rai Calviño, etc.
Sen pretender facer unha relación exhaustiva cito algunhas mostras arquitectónicas que por mor do momento, das tendencias, do recoñecemento,… foron premiadas ou recollidas como senlleiras en libros especializados.

  Casa de Molezún na Roiba (Beluso). Feita entre 1967-69 como casa de verán por e para o arquitecto madrileño Ramón Vázquez Molezún, Premio Nacional de Arquitectura 1954. Trátase da remodelación dunha antiga salgadeira á que se lle engadiron elementos estruturais e materiais novos pero mantendo recunchos e estancias antigas.  Cítase en, polo menos, dous libros:  “Casa por casa” de Jorge Torres Cueco. 2009. Na páx. 92 e “Casas atlánticas: Galicia y norte de Portugal” de Antonio Armesto. 1996. Na páx. 48.

Mercado e lonxa municipais de Bueu (1971-1973) Proxecto dos arquitectos César Portela (Premio Nacional de Arquitectura 1999) e Pascuala Campos. Foi a lonxa que dende principios dos 70 estivo ata que se fixo o Centro Social do Mar e a Praza actuais. Levou un premio, entre outros,  ao recoñecemento á utilización nova das pranchas de filón translúcido (coñecémolas coma “uralita translúcida”).

Pavillón Polideportivo de Bueu. Do arquitecto Agustín Miguel Pouseu Loira, fillo de bueuenses, que con esta obra gañou o III Concurso Nacional Ferrogres-Arquitectura 1995. A súa traxectoria como arquitecto de prestixio (foi Presidente del Colegio Oficial de Arquitectos de Pontevedra) está acompañada pola creación poética (“El bosque de ‘Acivro’”) e plástica (pintura, escultura, debuxo, plumiña,…)

Conxunto Residencial “Mazá Massó” de Bueu. Os autores do proxecto técnico son os arquitectos Jerónimo Junquera, Liliana Obal e Teodoro de Francisco Antes e promovida pola empresa Cuarteirón. Recibiron o primeiro premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en Planificación, 2011.

Tamén poderíamos dicir:
… que a actuación dos arquitéctos Irisarri e Piñera no porto de Beluso tamén sae en revistas especializadas…
… que Bueu ten un feixe selecto de arquitectos/as xoves que deberían ter máis oportunidades no mundo da construción…
… que hai reconstrucións de casas unifamiliares, muíños, etc. merecedoras de recoñecemento e feitas pola experiencia e bo facer de "mestres de obra" coma Antón e outros…
… que o Cine Avenida foi uns dos primeiros edificios feitos en Galicia con cemento armado…
Todo iso pode que teña presenza outro ano…