O día 4 de decembro do 1956 rematou en Madrid o Concurso nacional de Coros e Danzas da Sección Feminina. Participaban todas as provincias españolas con aqueles grupos que foran seleccionados entre os mellores.
Había participación nas seguintes especialidades:
- Coros de xuventudes, neste caso gañou os representantes de Córdoba.
- Coros de Sección Feminina, primeiro premio para os de Alberique (Valencia).
- Danzas de xuventudes, gañaron os de Proaza (Asturias).
- Danzas da Sección Feminina, levou o premio extraordinario os representantes ibicencos.
- Grupos mixtos de coros y danzas, que gañou Astorga (León).
- E no Grupo de Sindicadas, gañou o grupo que ía de Bueu. (Neste apartado había un único gañador)
Compoñentes do grupo:
Teresa Portela Bravo, Celsita Chaves, Carmen Medraño, Marina Barreiro, Josefa Santos, Josefa “Palomita”, Rosa “Barrabasa”, Ana Mª Lis Bueno, Carmen “Pardela”, Rosita “Rata”, Carmiña “Barrabasa”, Mercedes “Salera”, Lito Estévez. Os gaiteiros era os Irmáns Barros.
Con anterioridade, o 18 de setembro de 1956, deran unha exhibición na illa de Ons na clausura do Curso Cátedra organizado pola Sección Femenina
Ningún comentario:
Publicar un comentario