21/03/15

A festa de San Xosé no Bueu de 1917


Que o Día de San Xosé en Bueu sempre tivo predicamento o demostran as comidas dos “Pepes”,  a advocación da “Capela” que se levantou nos terreos da praia de Pescadoira e posteriormente na igrexa do que foran escolas de Orientación Marítimo Pesquera, despois Escola Náutica... ao inicio da rúa Pazos Fontenla. Que o Día de San Xosé en Bueu sempre tivo predicamento o demostran as comidas dos “Pepes”,  a advocación da “Capela” que se levantou nos terreos da praia de Pescadoira e posteriormente na igrexa do que foran escolas de Orientación Marítimo Pesquera, despois Escola Náutica... ao inicio da rúa Pazos Fontenla.
Non é de estrañar o énfases que o correspondente en Bueu do xornal La Provincia para describir a celebración destas festas. Así o podemos ler na transcrición das celebradas no 1917:
Todo canto puidésemos dicir para relatar o éxito dos festexos que o 18 e 19 tiveron lugar na vila, sería pouco comparado coa realidade.
A brillantez do día coroou os esforzos dos animosos mozos que integraban a comisión das festas e unido a isto os moitos forasteiros que vimos durante eses días, con razón pode dicirse o arriba exposto.
A banda dos exploradores gustou moito, tributándoselle repetidos aplausos, sendo obsequiados os mozos músicos nas Sociedades “Liceo Casino” e “Círculo Mercantil” por ambas directivas. O seu director, o simpático mestre Serrano, recibiu moitas felicitacións.
Moi ben a carreira de bicicletas na que tomaron parte nove corredores; o primeiro premio, consistente nunha fermosa figura de arte, adxudicóuselle ao mozo de Cangas Remigio Rodal, e o segundo, unha cigarreira de prata, ao noso amigo Attilio Gaggero.
A procesión.
Digna de toda encomio foi a procesión de San Xosé na tarde dese día.
Xamais puidemos crer resultase tan solemne e concorrida e así en efecto, ao seis da tarde era de todo imposíbel dar un paso na praia, punto onde se levanta a capela do santo patriarca.
Alí miramos dúas longuísimas filas de homes e mulleres, o máis distinguido deste pobo, con velas acesas. O fermoso estandarte do adiñeirado propietario señor Nores, era levado polo noso digno párroco D. Juan M. Casanade e os cordóns polos Sres. Nores e Nogueira.
Seis mozos distinguidos, Pepe Madrigal, Pepe Cerqueiro, Pepe López, Pepe Rodríguez, Pepe Lago e Pepe Prieto, eran portadores do anda coa imaxe de San Xosé, agasallo do cabaleiroso Sr. D. Gerónimo Bolívar, sendo escoltada por seis gardas do corpo de Carabineiros.
Pechaba a marcha o clero destas parroquias e detrás unha multitude numerosa ávida de presenciar o sublime acto relixioso desta tarde, cuxo recordo quedará sempre nos fillos desta vila.

Ningún comentario: