O día 19 de novembro 1933 nos xornais de Madrid, El Sol (pá. 2) e “La Libertad” (páx.7) sae unha noticia, do mesmo redactor en Galicia que titula: “Lanzan un explosivo contra o auto dun candidato”
Vigo 18.- Cando saía de tomar parte dun mitin electoral no pobo de Beluso o candidato das dereitas D. Víctor Lis Quibén, un grupo oculto na oscuridade lanzou un explosivo contra o coche. O Sr. Lis resultou ileso e ignórase quenes poidan selos autores.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhwHN5yXdwWaQk4WeaymcHpnux6VQ12Bwtlem3hw9VtEMNTKpt-8gCuNGPAALmGi888ro1Hhyphenhyphen_NyF5rHBCFQZka3-_87uP81peoUzjh02mS-qbAcEaCHtqal4An6_ncj49Q7ig-/s200/lisquiben.jpg)
Nestas eleccións o Sr. Lis acadou o escano no parlamento español con máis de 67.000 votos.
A noticia é espida, pero significativa das tensións entre as esquerdas e as dereitas máis radicais.
Perfiles de Víctor Lis:
* Destacada actuación coma dirixente da Garda Cívica de Pontevedra que o relacionan con acontecementos luctuosos non só na contorna de Pontevedra senón noutros puntos da provincia.
* A outra cara de Víctor Lis Quibén, capitán médico de Sanidade Militar, publicista, investigador da etnografía e do folklore, escritor de libros como “La medicina popular en Galicia” prologado por Fermín Bouza Brey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario