O día 7 de maio de 1889 D. Salvador Avilleira[1] Estévez, natural de Cela,
lle escribe un oficio ao alcalde de Bueu, Manuel González Plá, indicándolle que
a partires do día 12 dese mesmo “mes
comezará baixo a súa dirección a publicación dun xornal titulado ‘El Relámpago’ o cal defenderá os intereses da provincia e moi especialmente os desta Vila”.
Na mesma lle pide que avise ao Gobernador Civil e que ordene o selo
autorización da alcaldía nos dous números que marca a lei.
O alcalde remite o oficio ao Gobernador
civil para que este lle indique as normas que debe seguir para autorizar a
publicación do xornal. Este o remite á Gaceta do 30 de xullo de 1883[2].
Seis días despois (21-5-1889) Salvador Avilleira
particípalle ao alcalde que o “vindeiro
domingo 26 do que rexe [maio] mirará
a luz pública neste pobo un xornal semanal domingueiro, titulado ‘El Relámpago’
do que son dono e director, e o cal só
defenderá os intereses xerais da provincia e moi especialmente os desta vila:
alleo por completo a toda clase de política”. Tamén lle notifica, axuntándolle
un recibo da contribución, que se imprimirá no establecemento tipográfico de D.
Luís Carragal.
Nota: Só editou o primeiro exemplar
polo que o seu nome da fe do seu paso efémero polo mundo da prensa. Que
saibamos non se conserva ningún orixinal.
[1]
Outras referencias que temos del: Nado en Murráns-Cela o 1-4-1865. Fillo de
Manuel Avilleira Freire e Josefa Estévez Guimeráns. Seu pai era practicante.
El, coma cirurxián en Cela, notifica ao Rexistro do Xulgado o falecemento de José Joaquín Aldao y Sarmiento o 6 de maio de
1896. O 13 de agosto de 1897 coma
Síndico do concello de Bueu acompaña ao alcalde Miguel Nogueira e a os
tenentes, Narciso Galup e Tomás García comisionados polo concello nos funerais
polo Señor Cánovas na cidade de Pontevedra…
[2]
Refírese á Lei de Imprenta do Ministerio da Gobernación, que apareceu publicada
na Gaceta de Madrid nº 211 nás páx. 189-190. Pode lerse en https://www.boe.es/datos/pdfs/BOE//1883/211/A00189-00190.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario