Hoxe que os xornais dan a noticia de que “As
alfombras do Corpus regresan a Cela tras unha ausencia de cinco anos” lémbrome do día 2 de xullo de 1911 onde a celebración do Corpus de Cela tivo unha
relevancia especial pois partiu, á tardiña, dende a igrexa de Cela ata á de
Ermelo. Nesas datas o alcalde, que era de O Burgo-Cela, participou nela para
darlle relevancia institucional e o fixo acompañado por outro concelleiro tamén
de Cela.
Esta noticia a coñecemos grazas ao xornal “El
Eco de Galicia”, editado en A Coruña, que tiña como director a Zenitram (José
Gómez Martínez)[1],
sobriño do párroco de Bueu, Juan Martínez Casamande.
A transcrición da pequena nota que pode
verse na imaxe é:
“-En Cela (Bueu), expúxose o Santísimo e logo dos exercicios
vespertinos saíu baixo palio ata a igrexa de Ermelo, filial de Cela.
Na procesión, que foi moi concorrida, figuraron o alcalde de
Bueu, D. Agustín García Parada e o concelleiro D. Daniel García.
O
viril foi levado polo ecónomo D. José Buesas Leis, quen antes de dar a
bendición deu ao pobo as grazas pola súa cooperación a dito acto.”
[1] Que no 1914 sería
‘castigado’ a vir como coadxutor para Bueu por airear ‘chanchullos’ do
arcebispo (ver entrada no blog http://acidras.blogspot.com.es/2012/03/zenitramen-bueu.html ).
Ningún comentario:
Publicar un comentario