Debuxo: Fernando Otero |
Pero as dificultades para a construción
prevista comezan a
Traballadores de S. Xosé |
Xa co proxecto inicial sen a capela
grande, reducido o número de aulas, sen comedor,... o Padroado consegue outras
modificación como foi a eliminación de dúas aulas, a sala de traballos manuais
e de experiencias e dous despachos de mestres para construir no seu lugar unha
pequena capela (que é a que hai na actualidade).
E así chegamos ao mércores, día 15 de
agosto de 1956 no que se fai o traslado do mobiliario e obxectos de culto da
‘Capela-salón San Xosé’ (Capela Vella) á ‘Capela-escola S. Xosé da Praia de
Bueu’ (‘A Capilla’). Ese mesmo día o coadxutor, Desiderio Gradin Moreira,
oficia a primeira misa e o cura párroco, Ángel Rama Lestón[1], bendice as mesmas e
entrega as chaves da “Capela
Vella” a súa propietaria, Carmen Rúa Catani[2], dándolle “a gratitude da igrexa pola súa
xenerosidade”.
A pesar da inauguración a obra non estaba
de todo rematada pois hai documentación na que o cardeal Quiroga “bota unha
man” solicitándolle ao Director do Instituto da Vivenda axude a que este
Padroado e aporte as 500.000 pesetas prometidas xa que axudarían moito a
completar o total da obra.
Escola de Orientación Marítima |
O Concello solicita (20-9-1962) que lle
sexa cedida a Capela-escola construída polo ISM e esta pase a depender
integramente del xa que o sostemento[3] e conservación corren a
cargo do concello que tamén habilitou a capela e os locais-escola. De ser así
comprométese este a crear unha nova escola de Orientación Marítima.
No 1963 o ISM responde ao Concello que no
pode acceder á petición por carecer de fondos para a amortización polo que a
Confraría terá que seguir pagando 2.406 pesetas mensuais. Ou que se poña de
acordo co Concello que é o beneficiado xa que “a amortización do edificio como a obra social cultural e asistencia
relixiosa son cargo da Confraría e no seu caso do Concello”.
Escola de F.P. Marítimo-Pesqueira |
E así chegamos ao ano 1972[4] onde créase nesas
instalacións a Escola de Formación Marítimo-Pesqueira que logo sería (1974-94)
Centro de Formación Profesional de 1º Grao na Rama Marítimo–Pesqueira que a
partires de 2006 pasará a depender da Xunta de Galicia[5].
[2] Ao
través do seu representante no Padroado, Gaspar Massó.
[3]
Isto o fai tamén porque ese mesmo ano reclámanselle 192.558 pesetas á Confraría
e a Hermanos Massó pola cota de amortización do grupo escolar S. Xosé. A
Confraría está de acordo coa cesión pois non pode facerse cargo da
amortización, que lle corresponde, do edificio nin manter o mesmo.
[4]
O alumnado que había nela pasou ao Colexio Público de Bueu (hoxe CEIP A Pedra) que
fora inaugurado no curso 1971-72
[5]
Traspasado polo ISM o 1 de xullo de 2006. Para maior información deste período
poder verse en http://www.concellodebueu.org/src/instalacions/docs/nautica.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario