A
Igrexa de San Xosé: Diferencias do proxecto inicial e agora.
O
que puido ser e non foi...
A
igrexa proxectada polos arquitectos Francisco Castro e Pedro Alonso tiña unhas
características suntuosas como pode comprobarse pola súa memoria e planos:
A xustificación dunha igrexa tan grande é
a de “dotar non só a este grupo, senón
tamén á barriada, deste servicio relixioso, pola grande distancia que se atopa
a parroquial”.
Un amplo atrio da igrexa estaría á altura
da estrada Pontevedra-Cangas e a súa intercesión con Pazos Fontenla. Dende a
entrada exterior do atrio ata a porta da igrexa había un lixeiro desnivel.
Pretendíase “aproveitar a maior elevación
do terreo para destacar a súa máxima xerarquía, ao propio tempo que presentala
como amparadora do grupo escolar”.
Coa torre situada na parte máis avanzada
onde a “igrexa ten un fronte de 12,80 m.
e unha lonxitude de 31,60 m. sen incluír a ábsida. Ten un primeiro corpo de
acceso ao nártice[1]a
cuxo lado dereito está situado a torre, na que se desenvolve unha escala de
subida ao coro e ao campanario. No lado esquerdo hai unha dependencia que pode
ser o baptisterio[2].
A
igrexa é
dunha soa nave con contrafortes resaltados interiormente deixando espazos
laterais que serán destinados á instalación de altares e confesionarios [...]
Nun deses espazos laterais colócase o púlpito
[...]. Ao fondo o altar maior, no nivel máis elevado, no centro dun
ábsida de forma poligonal, e separado da nave pola balaustrada e gradas do
comungatorio. Á esquerda desta ábsida está a sancristía [...]
Os
contrafortes irán enlazados con arcos e bóvedas rebaixados, quedando así
definidos claramente os nichos dos altares laterais. E por enriba destes arcos
arrincará a bóveda da igrexa que é de canón rebaixado, con arcos faxóns
coincidindo cos contrafortes.
Na
planta baixa distribuíuse a vivenda do cura, baixo a ábsida da igrexa e o
almacén, lavadoiros e demais servicios da Comunidade.”
A nova
capela quedouse en:
Ao esgotarse a
posibilidade de facer a igrexa anteriormente descrita o Padroado solicitou
permisos para modificar con algún tipo de separación (portas corredoiras, biombos,...)
as aulas e vestíbulo centrais para que, ao igual que se había feito ao longo de
case medio século na capela vella, puidesen abrir nos momentos que se quixera
celebrar algún oficio relixioso e así ter polo menos un espazo de culto no
recinto escolar. Polo arquitecto do ISM non puxo impedimento algún pois non
afectaba á capacidade escolar. Iso si, os gastos da modificación correrían a
cargo do Padroado ou do Concello. Máis cando puxéronse mans á obra optaron, coa
conivencia de todas administracións implicadas, por delimitar ese espazo
central e o que ía ser vestíbulo, súas salas de profesores, salón de
exposicións de traballos escolares, dous servicios, dúas aulas completas e
parte doutras dúas transformalo nunha pequena capela de algo menos de dous
centos metros cadrados.
Para manter a idea
primixenia seguiu baixo a advocación de San Xosé coa mesma imaxe, doada por
Jerónimo Bolíbar, presidindo o altar. Capela á que se lle deu uns pequenos
‘toques’ mariñeiros no seu mobiliario e ambientación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario