A pesar deste panorama hai quen como
estrelas de luz refulxen dende que comezou o luscofusco que nos leva á
escuridade. Persoas que dende calquera posición da nosa sociedade fan do
respecto, da solidariedade, do esforzo, da honradez... principio da súa ética
cotiá.
Quixera rescatar do horizonte unha afastada
estrela que nos servira de contraposición ás noticias que a diario nos dan os
medios de comunicación (E menos mal que a dan! Pois aínda así....) pero a brétema
non me deixa ver ben... Polo menos quero resaltar un pequeno-gran feito ocorrido
en Bueu:
No
xaneiro de 1927 recíbese na alcaldía unha carta acompañada por unha
tarxeta-bono “como unha demostración de distinción persoal”
para viaxar gratuitamente no transporte que facía Pontevedra-Bueu-Cangas, por
parte da empresa concesionaria da liña.
A
resposta do alcalde foi rápida, contundente e con doses de amabilidade:
“ Moi Sr. Meu: Devólvolle
a Vd. adxunto a Tarxeta de abonado que en nome da empresa ‘Transporte Automóbiles’
tiveron a bondade de remitirme.
Sinto non poder aceptar a distinción que me propoñía...”
Nota:
Logo de escribir o que antecede busco o nome do personaxe protagonista e comprobo que é o alcalde de Bueu era Camilo
Davila Davila. Alcalde que, entre outras cousas abriu a Biblioteca Popular
(7-10-1927)[2]
e logo creou o cargo de Bibliotecaria[3]; alcalde que creou de
forma definitiva a Escola do Pósito de Pescadores (outubro 1929)[4]; alcalde que prohibiu aos
coches circular polo centro de Bueu a máis de 10 km/h para "conseguir seguridade e tranquilidade nas
rúas do pobo”[5]; nomeado alcalde dúas veces[6]; Delegado
de Orden Público no 1936; alcalde que foi amentado e
sinalado por iso e que, ao non soportar acusacións que el consideraba
inxustificadas, autoexiliouse en Santiago de Compostela onde faleceu no nadal
de 1982.
[1]
Frase atribuída a Groucho
Marx “Que pare o mundo que me baixo”.
Outros a poñen en boca de Mafalda,... eu a mirara nunha pintada do “Maio
francés do 68”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario