01/07/16

Campo Militar de Tiro en Ermelo

Sesión Ordinaria do Pleno do concello de Bueu o 6-1-1902
Don José Plácido Lino González Secretario do Concello de Bueu
Certifico que na acta levantada con motivo da sesión ordinaria celebrada o día seis dos correntes por este Concello, aparece entre outros o acordo que copiado á letra di:
“Visto que polo Excmo. Sr. Gobernador Militar desta provincia Praza de Vigo interésase que por esta Corporación se leve a cabo a promesa feita da cesión dos montes comunais do Distrito para Campo de tiro segundo acordo tomado en sesión ordinaria de oito de outubro do ano pasado de mil novecentos a mesma acordou que unha Concesión do seu seno composta dos Srs. Don Daniel García Lis e o Sr. Alcalde presidente pasen á dita cidade de Vigo e outorgue a concesión de referencia  salvando sempre o dereito da veciñanza ao toxo e máis esquilmos que poidan producir ditos montes, así como o dos donos das propiedades particulares que se atopan nos seus intermedios e confines para evitar confusións.
E que conste expido a presente visada polo Sr. Alcalde na Consistorial de Bueu á nove de xaneiro de mil novecentos dous.
Reunión de mandos militares co alcalde de Bueu para falar dun campo de tiro, manobras e atrincheiramento
O día 30 de xaneiro de 1902 celébrase unha reunión onde membros da Xunta de Armamento[1] encabezada polo Xeneral Gobernador Militar da Provincia, Enrique Hore e Agraz e polo concello de Bueu o seu alcalde D. José Rodríguez para tratar da Real Orde de 17 de setembro de 1901 na que se dispuña “que, para o establecemento dun campo de tiro, atrincheirado e de manobras na península do Morrazo, tómese posesión dos ofrecidos polos concellos de Moaña, Bueu, Marín, Vilaboa, Pontevedra e Cangas, nas partes dela comprendida dentro do polígono que se sinala con liñas encamadas no plano”.
O señor alcalde deixou constancia que a extensión de parte do polígono, uns 6.747.600 m2, pertencen ao concello de Bueu e que só polo S. e E. Lindan co de Marín e Moaña.  Ase mesmo de que hai un grande inconveniente xa que a parte do mapa “raiada con trazas negras pertencen a particulares, cuxo número é tan considerábel que se lle fai moi difícil, se non imposíbel obter deles un acordo de cesión; que o resto, ou sexan tres pequenas parcelas cuxa extensión de 814.310 m2 é de aproveitamento comunal” cede e entrega gratuitamente[2] pero “coa condición de que se permita neles apacentar gando e aproveitar os seu recursos en canto non se entorpezan as operacións que levaranse alí a cabo ou obras que queiran executarse; debendo quedar de propiedade exclusiva do Estado, todos os edificios e fortificacións de carácter permanentes que se constrúan e unha zona de illamento de 30 metros para os primeiros e de 100 para os segundos, igualmente todos os camiños que se constrúan incluso as ladeiras e taludos dos desmontes e terrapléns e as súas obras de arte”.
O Sr. Alcalde de Bueu, en cumprimento da Real Orde está de acordo e subscribe a escritura de cesión.



[1] A parte do Gobernador Militar estaban o Tenente Coronel de Enxeñeiros, Florencio Limeses de Castro, e o Comandante de Artillería, Tomás Pérez Griñón.
[2] Xa que a Corporación tomara este acordo o 8 de outubro de 1900, sendo alcalde Miguel Nogueira Fraguas,  e que ratifican na sesión ordinaria do día de Reis de 1902 dicindo que se cumpra a promesa feita no seu día de que, como representantes municipais, os “Sres. Don Daniel García Lis e o Sr. Alcalde presidente pasen á dita cidade de Vigo e outorgue a concesión de referencia salvando sempre o dereito da veciñanza ao toxo e máis esquilmos que poidan producir ditos montes, así como o dos donos das propiedades particulares que se atopan nos seus intermedios e confíns para evitar confusións”.

Ningún comentario: