O mércores, día
9 de xullo de 1930 reuníronse os presidentes da ‘Cultural Plus Ultra’ de Beluso
e o do ‘Bueu F. C.’ para asinar as bases que rexerán nas disputas que a
partires de agora haxa entre os equipos destas dúas sociedades pola Copa
Tapias. Copa de prata que foi doada polo conserveiro Juan
Tapias, antigo conveciño de Pescadoira.
A transcrición das bases din:
BASES PARA O CONCURSO
COPA 'TAPIAS'
=======================
A SOCIEDADE DEPORTIVA
“CULTURAL PLUS ULTRA” DE BELUSO, DESEANDO FOMENTAR OL DEPORTE LOCAL E EXALTAR A
AFICIÓN, E CON OBXECTO DE QUE SIRVA DE ESTÍMULO AOS XOGADORES DOS EQUIPOS DESTE
DISTRITO, ACORDOU POÑER A CONCURSO A VALIOSA COPA DOADA Á “CULTURAL” POLO DISTINGUIDO
E ANTIGO CONVECIÑO D. JUAN TAPIAS, A QUE SERÁ DESPUTADA EXCLUSIVAMENTE POLOS
EQUIPOS DESTE MUNICIPIO, “BUEU F.C.” E “CULTURAL PLUS ULTRA” CON SUXECCIÓN ÁS SEGUINTES
====== B A S E S =====
1.
A posesión da copa ‘Tapias’ disputarase en doce partidos
durante tres anos consecutivos, celebrándose catro cada ano, dous partidos en
cada campo.
2.
Os partidos celebraranse alternativamente nos campos dos
respectivos clubs, e as datas serán designadas de acordo entre ambas as Sociedades,
o mesmo que a hora en que han de dar comezo.
3.
A clasificación para a posesión da copa, farase por puntos,
outorgándose dous en cada partido ao vencedor e un a cada equipo contendente en
caso de empate.
4.
Será declarado vencedor de cada ano o equipo que á
terminación dos partidos correspondentes ao mesmo, obtivese maior puntuación.
No caso de que ambos equipos resultasen clasificados con igual número de
puntos, celebrarase un novo partido de desempate, escolléndose campo por sorteo.
5.
O equipo vencedor en cada ano, ten dereito a gravar no
trofeo, a vitoria alcanzada e a exhibilo durante quince días nun escaparate da
localidade.
6.
A vitoria de cada ano non dará dereito ao equipo vencedor a
reter a copa no seu poder até o terceiro ano, en que entrará en posesión definitiva
dela se ao finalizar o cuarto partido do mesmo ano resultase con maior
puntuación na totalidade dos partidos xogados no tres últimos anos do concurso.
7.
Durante o tempo en que se dispute este torneo. o trofeo
estará en poder de don Francisco
Puig Martínez[1], que o reterá até finalizar o concurso. Á terminación do último partido deste, seralle entregada a copa pola Presidenta do ‘Cultural’ en posesión definitiva, ao equipo que resulte vencedor do torneo.
Puig Martínez[1], que o reterá até finalizar o concurso. Á terminación do último partido deste, seralle entregada a copa pola Presidenta do ‘Cultural’ en posesión definitiva, ao equipo que resulte vencedor do torneo.
8.
Se, iniciado o
torneo, algún dos equipos retirásese da competición ao rexeitase seguir tomando
parte dela, aínda cando tivese gañado algún partido ou a totalidade dos xogados
até a data da súa retirada, perderá os seus dereitos sobre a copa, sen
reclamación de ningún xénero.
9.
A totalidade do ingreso en despacho de billetes, que será
intervida por delegados de ambos equipos, repartirase a partes iguais entre os
dous Clubs, descontados soamente os gastos que se orixinen por propaganda, se
esta non se pagou antes entre ambas as Sociedades.
10.
No campo de cada club terán acceso libre os socios
pertencentes ao mesmo, a entrada xeral, previa presentación do recibo mensual.
11.
Os equipos estarán integrados exclusivamente con xogadores
naturais do concello de Bueu residan ou non neste termo municipal, ou con
elementos naturais doutra localidade, pero que leven de residencia no municipio
dez anos como mínimo.
12.
Cada club entregará ao outro anualmente, antes do primeiro
partido que se celebre, unha relación dos xogadores que o integren e asinada
polos mesmos, cuxa lista non poderá ser modificada posteriormente.
13.
No caso de que houbese algún xogador que figurase inscrito
polos dous clubs nun mesmo ano, será eliminado, non podendo xogar por ningún dos
dous equipos no devandito ano.
14.
Os árbitros serán nomeados de común acordo polos directivos
de ambos clubs e de non recaer acordo concreto, someteranse a sorteo os nomes
das persoas designadas por aquelas, elixíndose así una das devanditas persoas
para a arbitraxe.
15.
Estas bases unha vez aprobadas polas directivas de ambos clubs,
son inalterables e non poderán ser modificadas por ulteriores acordos das
mesmas ou das que lles sucedan.
[1] Coñecido coma ‘Don Pancho’ estaba casado
en Beluso con Ifigenia Davila. Fora encargado-director da fábrica de Juan
Tapias ata que no 1915 pasou a traballar para a conserveira Massó.
Nota: O primeiro encontro sería no campo
de Corredoiras o luns día 14 de xullo por coincidir nun dos días da festa do
Carme. O segundo partido foi o día da patroa de Beluso (15 de agosto) e o Bueu,
non sen polémica, gañou 2-1.
Coa desaparición do Bueu C. F. en 1931 no houbo
posibilidade para que algún dos equipos fixérase acredor, no terreo de xogos, da
Copa Tapias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario