Non é a primeira vez
que falo desta pequena peza musical, pero si dende o punto de vista do autor e
como reclamo para rescatalos do esquecemento.
|
Luís
Braxe.
|
Luís Rafael Brage (Braxe) Villar
(1886-1959), músico e compositor galego e director de bandas de música como La
Lira de Ribadavia. Moi coñecida a súa música, a destacar a rapsodia galega
para bandas, Follas novas, pero non
tanto ao músico por razóns que mencionaremos.Pois ben, Luis Braxe
foi un dos personaxes que poderíamos engadir ao que os amigos de O mar por
diante demos en chamar “Grupo de Bueu”: Rómulo Gállegos, Maruja Mallo,
Mezquita, Carlos Velo, José Suárez etc.
todos eles relacionados coa literatura ou as artes no seu máis amplo abano e que
nos anos trinta do século XX pasaron pola praia de Beluso.
Descoñecemos a relación de Luís
Braxe con todos os mencionados eos que non: Gonzalo Torrente, Federico Ribas,
Johan Carballeira... Ideoloxicamente
encaixaba con todos eles, era un activista cultural e, por enriba de todo,
republicano, o que lle supuxo anos despois ser condenado “a morte, logo o
cárcere e, finalmente, o ostracismo oficial e, na práctica o remate da súa
carreira oficial”(Ferreiro, 2020).
A súa
consideracións ideolóxica non foi obstáculo para que nas súas vacacións en
Beluso mantivera unha boa relación coa familia Lago-Carballal, propietarios de
salga e conserveira en dito porto. Na súa estancia do 1933 escribe unha pequena
peza para ser estreada no Salón (Baile) Guerra na Ruanova de Riba baixo a dirección de
Salvador Lago Carballal, da man de “Xuventude Católica” que por esas datas
dirixía seu irmán Francisco Lago.
A peza leva o título Belusana,
da que saibamos
non se conserva a partitura orixinal, é unha muiñeira da que Luí Braxe compuxo música e letra,
e que o seu biógrafo David Ferreiro clasifica como composición de Música de
cámara e de salón.