Días antes de se asinar a Constitución de 1812, pero co espírito que a guiaría emítese, por parte das Cortes españolas, un Decreto autorizando á Rexencia do reino a permitir a celebración de feiras e mercados en calquera parte do territorio, previo informe da Deputación correspondente. No noso caso da provincia de Galicia e do Partido de Santiago de Compostela.
A recolleita de informacións das distintas localidades quedaban reflectidas no libro de “Feiras e Mercados” do concello de Santiago de Compostela. Parte da información fora recollida nun artigo de Ángel Rodríguez González publicado no Boletín da Universidade Compostelá de 1967-68 e titulado “Ferias en el partido de Santiago de Compostela en 1813” (páx. 357-283).
Debuxo de Pintos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario