Víctor Said Armesto (Pontevedra 1871 - Madrid 1914), pasaba longas tempadas na casa que os seus avós tiñan en Bueu no pazo dos "Picos", lugar da Graña. Súa nai era dona Amalia Armesto e Aldán, da nobre familia dos Aldao do Morrazo.
Casou con Amadora Santoro Borrajo, natural de Cuñas (Cenlle-Ourense)
Lembrar que Said Armesto foi un grande home, crítico literario, orador, recompilador das nosas tradicións musicais coma ninguén…froito desas recompilacións é esta colección de romances, balada e cancións recollidas da tradición oral editadas, en 1997, pola Fundación Barrié de la Maza no libro “Poesía popular gallega”.
Na páx. 217 deste libro, cítase coma recollido en Bueu (1914) da boca de Josefa Loira (Josefa Loira Juncal nada en Cela o 8-3-1844), de 70 años, labrega, o romance titulado

"CONDE NIÑO"
Madrugada de San Xoan cando o día alboreaba,
Paseaba o Conde Niño a las orillas del mare.
Mentras que o cabalo bebe Conde Niño echa un cantare.
"Bebe, caballito, bebe, Dios te me libre de male,
de los peligros de mundo y de las orillas del mare.”
As aves que iban voando se paraban a escoitare.
-Despertádevos, infantas, si dormides despertade,
que ou é a Reina do ceo ou a sirena do mare.
-Non é a sirena, madre ……………………………..
que lle era o Conde Niño, que me nada por gozare.
-Si ese era o Conde Niño mandarémolo matare.
-Si a el o manda matar mándeme a mi degollare.
Un o matan, outro morre, os dous morreron ao pare.
A un entérranno no coro, a outro ao pe do altare.
Ela se volveu oliva e y-eleun verde olivare.
Tanto crecen un y-outro que se foron a xuntare.
A Reina vai para misa e alí préndese o sayale.
A Reina de envidiosa los mandara derribare.
Ella echara leche clara y él echó sangre reale.
Ella se volvera fonte e y-el un freco arroyale.
A Reina vai para misa, os pes lle van a mollare.
A Reina de envidiosa logo os mandara cegare.
Ela se volveu paloma y-el un rico gavilane.
Tanto van un y-o outro que aos ceos queren chegare.
Voaban ala con ala para nos ceos s’abrazare,
Voaban bico con bico para nos ceos se bicare,
E tanto e tanto voaron que se perderon no aire.
Nota: Para ver a revista O CANDIL coa biografía de Víctor Said Armesto pulsar no nome ou aquí
1 comentario:
Publicar un comentario