E tal como recolle a prensa
local, por exemplo Faro de Vigo, “Cinco generaciones entre la harina”. Nun
artigo, asinado por un excelente periodista como é David García, fai unha
descrición da historia da dita panadaría. Pouco ou nada que obxectar. Máis por
lo cariño que lles profeso quixera achegar algún dato que se sume aos
expresados:
- A primeira panadaría que se ten referencia en Bueu é no contorno de 1834 no lugar da Praia (zona de Pescadoira). Onde estaba situada edificouse logo unha salgadeira e xa no 1904 había unha fábrica de conservas (1)
- Fálase de “Cinco generaciones…” eu diría, alomenos, “Seis xeracións…” xa que:
1.
O primeiro panadeiro desta estirpe datado era Benito
Pousada Barreiro (2) e a súa muller Josefa Lijó.
(3)
2.
Estes foron pais de Florentina Pousada (4) Lijó que ao casar en 1883 con Francisco Lorenzo
Lorenzo traballaron na panadaría e logo quedaron co negocio.
3.
No 1884 naceu Francisco Lorenzo Pousada que casou con
Carmen Santos. Estes continuaron co negocio pero alugando un
novo local na rúa do Principe (Eduardo Vincenti) na casa do Sr. Camilo, fronte
ao actual restaurante Quintela. Máis tarde trasladáronse ao lado do actual
Hotel Incamar, onde tiveron forno e co paso do tempo ao inaugurar as actuais instalacións
(1953) quedou coma “despacho de pan” ata hai poucos anos.
4.
Seguiron co negocio seus fillos Amador Lorenzo Santos e
José Guillermo Lorenzo Santos (Xeso). Continuou na panadaría a viúva de José:
Dolores (Lola) del Río Freire xa que os herdeiros de Amador montaron outra
panadaría en A Graña.
5.
Digna Catalina Lorenzo, irmáns e cuñados
NOTAS:
(2) Benito Pousada Barreiro era fillo de Domingo Pousada e Benita Barreiro
(3) No ano 1879-1882 había como panadeiros
de Bueu: Alejandro Rodríguez, Francisco Ferradás e Benito Pousada. E como Panadeiros de
Beluso: Juan García
No 1883-85 estaban como panadeiros de
Bueu: Salvador Ferradás e Benito Pousada. E de
Beluso: Manuel Regueira (nos Anuarios non aparece Juan García)
No 1888 seguen en
Bueu: Salvador Ferradás e Benito Pousada. E en
Beluso, Juan García
Ningún comentario:
Publicar un comentario