Logo da toma de poder en Galicia das autoridades franquistas no 1936, toda una batería de ordes e contraordes chegaban a todas as institucións municipais ou non. As veces a realidade impedía cumprilas e o medo e a incerteza deixaba pegada no que tería que ser o axente executor.
A linguaxe cambia, as contradicións afloran e as vidas submisas serven para seguir vivindo.
Esclarecedora
das premisas mencionadas, pode ser a carta do mestre de Orientación Marítima de
Bueu, Ricardo Touza escrita, en novembro de 1936 ao Presidente do Consello
Escolar de 1ª Ensinanza:
Arquivo M. de Bueu Ca. 1357/20 |
Agora ben; para o cumprimento dalgunhas destas normas, existe, claro está, certas dificultades, que por estar na súa vontade súa máis fácil resolución, é polo que acudo a vostede, para que me axude na medida das súas posibilidades.
Unha das normas a seguir que dita a circular, é a que se refire a colocación da bandeira nacional na fachada do edificio. Vostede comprenderá facilmente que isto non é posible sen antes ter, bandeira, hasta e os sostén metálicos da hasta.
Se ben na escola existe unha bandeira tricolor que pertencía a este centro antes, do glorioso movemento, aínda que se reforme cambiando a terceira cor, serviría para o que a circular ordena, pois o seu uso e pequeno tamaño, a fan inservibles.
Así é que lle pido que interceda na Corporación que tan dignamente preside, a favor da Escola de Orientación Marítima polo que como mestre da mesma, quedarei altamente agradecido.”
Dias despois a Xestora que dirixe o concello lle resposta: “...acórdase desestimar tal petición porque dada a penuria do presuposto, non é posible atendela polo momento”
Ningún comentario:
Publicar un comentario