Falar das fábricas de curtidos en Bueu é algo que non está gravado no maxín de Bueu como pobo. Pero si podemos confirmar que houbo momentos da súa historia nos que os goldreiros ou curtidores traballaban o coiro nas súas casas de Bueu, Cela e Beluso.
Real de Legos-Bueu- Catastro Ensenada 1752 |
AHPP-Escr. Benito de Aris-1837 Venda Fabrca. curtidos |
De grande fábrica de curtidos temos, no primeiro terzo do século XIX, como propietarios dunhas instalacións na antiga rúa Berrón de Pontevedra,.á dona da salga da Praia de Beluso, Mª Rosa Avalle[1] viúva de Pedro Plá.
Mais, Houbo fábrica de curtidos de certa entidade en Bueu? A resposta pode deducirse dunha solicitude para facela en 1883 na casa que hoxe aínda se coñece como a de “Pin Cabanillas” en Pescadoira. Casa que foi primeiro salga (1806) de Vicente Freire e Mª Alberta Otero e que logo pasaría a José Domínguez Fontenla que a mediados do XIX tivo unha pequena fábrica de curtidos aproveitando as pías para os procesos químicos e lavados das peles.
A grande fábrica de curtidos quixeron montala, en 1883, ampliando esta os señores Alejandro López e Salvador Ferradás, para o cal pediron á alcaldía autorización, que non lles foi concedida, nos seguintes termos:
“que
na casa almacén dos herdeiros do finado José Domínguez situada en Pescadoira fóra
do centro da poboación, teñen proxectado establecer una tenería[2]
para o curtido de coiros ou peles e modificaralgúns
dos pilos ou chancas que xa contiña por terse exercido antes de agora a mesma
industria no oficio; pero como ademais séxalles preciso reformar a súa fachada e
para elo necesiten o permiso conducente con acordo ás ordenanzas municipais do
concello aprobadas pola superioridade, se ven na necesidade de recorrer a V”.
Para finalizar cabería preguntarse se hai outros indicios relacionados coa actividade do coiro nas parroquias de Bueu. Quizais a toponimia puidera dar algunha pista; que eu saiba, e sen moita relación coa industria dos curtidos, hai unha parcela nas Meáns chamada “Lavandeira” ou “Pozo de Coiro”.
Outra referencia ven da sabedoría de Belarmino Barreiro quen ouvira dicir que as donas dun muíño do río da Devesanova-Cela, ‘As Pelonias’, tamén se dedicaron ao curtido da pel.
Nota: Esta entrada, feita no marzo do 2003 e activada automaticamente agora foi completada con outras aportacións documentais e formou corpo dun artigo na revista Cedofeita de Lérez-Pontevedra, Pode lerse ou baixarse en: http://bueu.esy.es/Documentos/Autoresbueue/Arturo%20Cidras/Cedofeita-2023-Curtidos.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario