01/03/12

ZENITRAM...en Bueu


“Castigado” como coadxutor en BUEU por airear “chanchullos” do arcebispo...

Os Reis Magos do 1914 chegáronlle a D. José Gómez Martínez, cura da parroquia de San Jorge de A Coruña, en forma de “carbóns”: debería trasladarse o máis axiña posible coma coadxutor á parroquia de San Martiño de Bueu.
Este traslado non tería importancia algunha de non ser pola relevancia cultural e social deste personaxe e polos motivos do mesmo.
Imos tratar de aclarar estas e outras cuestións:
-         Por que se sinala a José Gómez Martínez como unha persoa relevante no eido social e cultural? Dicir que D. José, aparte de por ser cura, era moi coñecido coma director do periódico católico “Eco de Galicia” onde tamen asinaba artigos co pseudónimo ZENITRAM. E tal como recolle algunha prensa madrileña, como o Imparcial, “… e habíase feito estimar en todos os campos da política pola súa moita nobreza e simpatía persoales”.
-         Cal foi o motivo real do seu traslado “forzado” e “inesperado”? Tal como recoñece a prensa da época foi por culpa dun artigo aparecido no seu periódico “sobre unhas oposicións a unha praza de doutoral en Santiago, dando a entender que antes da misa do Espirito Santo, o Espírito santo fallara a favor dun parente do arcebispo de Santiago, Sr. Martín Herrera”.
-         Tivo impacto a súa marcha de A Coruña? Toda a clase política, económica, xudicial,… e moitísimas persoas non só acudiron a despedilo da Praza de María Pita senón que o acompañaron na súa viaxe ata Santiago (primeira etapa antes de chegar a Bueu). Días antes o Gobernador e o alcalde de A Coruña desprazáronse Santiago para “suplicarlle” ao cardenal que deixase sen efecto o traslado.
-         Por qué a Bueu e non a outro sitio? Por que así o poñían baixo a tutela do seu tío o abade de Bueu D. Juan Martínez Casamade para que o “atase curto” e estivera alonxado do xornal.
-         Coñecemos algo seu na súa estadía en Bueu? Referencias nun artigo de Carballeira (“Motivos: El San Martiño) e un artigo del en Faro de Vigo do 11-11-1925 (páx. 2) nas páxinas adicadas a Bueu polas súas festas patronais Pode lerse na páx. 14 de O Candil nº 3.

Ningún comentario: