O feitos ocorreron a finais de agosto de hai 74 anos, en plena Guerra Civil.
Resumo do acontecido:
- 25 de agosto de 1938:
Mariñeiros subindo ao "José Luís Díez" |
Dous pequenos barcos de madeira, San Fausto e Con, propiedade de Fillos de J. Barreras e con tripulación maioritariamente morracense voltaban de pescar nas costas marroquinas. O vapor San Fausto patroneado polo bueuense Enrique Pereira Castro ía diante na navegación cando a fatalidade fixo que a case 300 millas de Cadiz, a onde se dirixían, atopáranse no seu rumbo co destructor republicano “José Luís Díez” que estaba a repostar do barco nodriza “Saturno” ao sur de Casabranca. O patrón do "San Fausto", para evitar problemas e estar en zona controlada polos franquistas izou a bandeira bicolor. O destructor nese momento camuflado con bandeira inglesa e ver os barcos coa dita bandeira e sospeitando que eran barcos de pesca armados polos "sublevados" iniciaron manobras de ataque para o cal arriaron a bandeira inglesa e izaron a tricolor. Ao pouco percatáronse de que en realidade eran sinples pescadores máis decidiron facelos subir ao destructor para evitar que os descobrisen ó chegar a porto, e afundiron as dúas embarcacións, non sen antes coller peixe destas.
Os 24 mariñeiros foron recluídos no sollado (piso ou cuberta inferior onde soe instalarse aloxamentos e pañois) de fogoneiros.
- 26/27 de agosto de 1938:
Logo o “José Luís Díez” pon rumbo ao estreito de Xibraltar coa intención de pasalo cara a zona republicana eludindo aos barcos leales a Franco que o vixiaban.
Foi atacado na noite do 26 ao 27 e nesta loita un canonazo do cruceiro “Canarias” alcanza ao “José Luís Díez” xusto no sollado onde se atopaban os mariñeiros galegos. Cun forte escoramento de proa consegue chegar a Xibraltar onde se percatan dos danos ao buque e das mortes e desaparición dos cadáveres dos pescadores así como do seu garda, e dun mariñeiro do destructor enfermo...
Este relato escoiteino na mañá de onte ao través da palabra, mesturada con moitos sentimentos, de Gaspar Enrique Santos Pereira neto do patrón do “San Fausto”. Como póde verse no listado dos mariñeiros que ían nos pesqueiros capturados hai 4 de Bueu: O mencionado Enrique Pereira, Benito Pérez Leal (do Outeiro), José Pérez Sobreira e Manuel Leal Cerviño (da Graña).
Para máis información: Sobre o “José Luís Díez escribiuse, alomenos, un libro titulado “La odisea del José Luis Diez” (1968) de Manuel Martínez Pastor. Do que lle pasou aos mariñeiros galegos ese fatídico día 27 de agosto de 1938 pódese atopar información no suplemento dominical do xornal “La Opinión” de A Coruña (13-02-2011) asinado por Otero Ricart ; na páxina: "El mar, que gran tema para hablar" e noutros foros de internet.
Como novidade dicír que acaba de aparecer unha novela de Pedro Castilla Madriñán titulado “Soltando amarras” onde, ademáis destes feitos novelados, tamén aparecen as vivencias doutras xentes do mar e dos galegos en "El Moro","Terranova", "Gran Sol"... A presentación deste libro faráse o vindeiro día 14 de setembro en Cádiz. Esperamos que tamén poida facerse en Bueu…
Programa de actos da presentación do libro o día 14 de setembro en Cádiz |
Nota: Moita da información non sería esclarecida e posta en valor senón fora polo empuxe, aportacións e bo facer de persoas coma Gaspar Enrique Santos Pereira, José Regueira, Pedro Castilla e as aportacións de familiares dos distintos barcos implicados no acontecido neses días de agosto de 1938 en augas do Estreito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario