10/11/12

Traxedia de Xibraltar 2

Na noite de onte houbo a presentación do libro “Soltando amarras” de Pedro Castilla Madriñán… serviu tamén como un acto no que se fixo memoria, puxo en valor, sacou do esquecemento e manifestaron reivindicacións históricas e familiares dos mariñeiros do San Fausto e O Con que por mor do malos fados morreron nun combate de estratexias na que a rolda dos ventos os confinou nun momento e lugar que eles non decidiran. Tamén presentouse como unha homenaxe aos mariñeiros en xeral, e aos que tiveron que partir para outros mares (especialmente na Andalucía e máis concretamente na provincia de Cádiz de onde é natural o autor e onde residen os morracenses protagonistas da mesma: Gaspar Santos, Vicente Otero e Antonio Otero).
O historiador José Regueira Ramos presentou de forma maxistral, didáctica e  con ampla documentación, os tráxicos feitos ocorridos, na madrugada do 27 de agosto do 1938, aos 24 mariñeiros galegos.
Logo veu un acto moi emotivo de recoñecemento ás vítimas do esquecemento e aos seus familiares.  E, por se a emoción fora pouca, encheuse coa presenza e testemuña de sor Manuela como filla do falecido patrón da “pareja” San Fausto e O Con, o bueuense Enrique Pereira Castro  e Mª de los Ángeles Pereira coma neta do mesmo.
Como autor de “Soltando amarras”, Pedro Castilla Madriñán, deu as claves do seu libro onde a mestura de ficción e historia poñíanos frote ás vivencias personais de amigos alí presentes e coa reivindicación da verdade dos feitos ocorridos a veciños destas terras.
Remataron as ponencias coas palabras do Sr. Alcalde de Bueu dando o respaldo institucional a actos culturais e sociais coma este e posicionandose contra calquera tipo de barbarie e pedindo a toma de partido por parte da sociedade contra calquera tipo de violencia incluída as accións bélicas do estados.

Como resposta positiva ao homenaxe do pasado 9 de novembro, Sor Manuela, en nome do seu pai de Enrique Pereira Castro patrón do san Fausto, envioulle ao seu sobriño Gaspar un belo poema de agradecemento por todos os traballos de recollida de material, posta en valor dos mesmos, perscudas feitas, libro, homenaxes…:

                       A mi nieto GASPAR

Un santo orgullo  invade mi ser
por ti, Gaspar, por tu bondad,
por tu tesón e interés
en descubrir la verdad
de nuestro embarque final,
y a todos darla a conocer.

Este gozo es compartido
por todos mis compañeros,
por tu abuela, tus padres y tíos.
Pero sobre todo por Dios
que bendice tu camino
de humildad y de hilar fino.

A lo largo de tu vida
nuestra protección tendrás.
Dificultades y cruces
con ellas has de contar;
pero tendrás fortaleza
y no perderás la paz.

Tira siempre hacia delante,
con la mirada en lo Alto
y con el corazón abajo:
en tu mujer y familia,
amistades y trabajo.
Esto te dará descanso.
                Con todo el cariño  de tu abuelo Enrique

Nota:
* Vídeo no que se pode ver a Mª Ángeles Pereira lendo o poema "Homenaje, 74 años después". Gravado e posto en youtube e no seu blog por Emilio Rodríguez Miranda

Únicos sons que puiden "recuperar" do día da presentación, en Bueu, do libro "Soltando amarras":
   
* Sor Manuela Pereira             


* Mª de los Ángeles Pereira

* Presentación de Pedro Castilla


* Pedro Castilla (autor do libro) 

* Sr. Alcalde: Félix Juncal (incompleto) 
  

Ningún comentario: