Na prensa madrileña sae a noticia de que Bueu, con
outros 6 concellos da provincia, percibe un 300 % de aumento nas aportacións do estado.
Claro que isto ocorre de forma puntual no ano 1882. Como
estaría a cousa que ata hai “provincias tan castigadas, que solicitan do goberno como un favor o de
ser equiparadas ás de Galicia”.
Alomenos
expresar o desexo de que esta suba nas aportacións do estado se volvera a
repetir pois…tal e como están agora as arcas do estado… recorte e máis recortes…
din que non hai “un peso” (outros un “can”). Sexa o que sexa todos “os do
común” o estamos a notar e tamén as institucións soportes do noso benestar:
sanidade, educación, concello,… Os que levan as rendas municipais ven como se
incrementan as cargas e como ao tempo decrecen os ingresos…
O que máis me sorprende é que a culpa
a teñen o “ladrillo” ou “burbulla inmobiliaria”, os “mercados”, ataques ao “euro”… e así ata máis dunha ducia
de obxectos materiais ou conceptos inmateriais.
Pero os culpables, que están fóra
e dentro do país, teñen nome e apelido. Seus
nomes deberían causar arrepío e repudio en calquera lugar da Terra no que se
atoparan… e, por seguir desexando… normas universais de forzado cumprimento que
puxeran freo á miseria e desigualdade, poñendo
lindes ás súas riquezas… e …. e …
Outras 300%….
- … e hai quen pretendía gañar un 300% se a nosa economía afundíase máis e tiña que pedir o rescate a Europa. Así o fixeron compañías especuladoras comprando seguros de impago de crédito ou Credit Default Swaps (CDS) e logo “intoxicando”…
- A deuda española supera o 300% do PIB (uns din o 368% outros 268%) o que fai que sexamos o terceiro país máis endeudado do mundo. Pero se alguén se quere consolar que consulte o informe Funcas (Fundación de las Cajas de Ahorro) que desmitifica estes datos…
- España sancionada pola Comisión Europea por excederse nun 300% na pesca da cabala no 2009…
- As multinacionais aceleran as súas desinversións en empresas españolas. Relevante é que a desinversión vía ETVE -especie de sociedades holding por motivos fiscales- incrementouse uns 300%, mentras que a desinversión en actividades productivas (non ETVE) disminúe un 26,5%.
- Se sumamos o desemprego máis a inflación daranos o que se coñece coma “Índice de miseria”. Neste índice de miseria superamos un 300% aos Estados Unidos...
- Paro aquí pois as bágoas tamén subiron máis dun 300% con respecto ao ano anterior…
Ningún comentario:
Publicar un comentario