01/05/13

Bueu: bandidos no monte Borrallido

O xornal El Español do 10 de maio de 1837, na súa páxina 2, danos a noticia de que uns días antes, 22 de abril, avistándose un grupo de xente armada no monte de Borrallido, o alcalde pedáneo con dez ou doce veciños “honrados”, atacáronos armados con fouciñas e unha soa arma de fogo. E aínda que algún sufriu na defensa obrigáronos a fuxir.  Na fuxida abandonaron dúas fusiles, dous paquetes de cartuchos, unha machada e outros efectos de pouco valor.

Logo os alcaldes de Bueu e Cangas fixeron, cos veciños repectivos, unha batida que non dou resultado algún.

Pénsase que Borrallído sería punto de reunión da banda para facer algún roubo.
A noticia remata dicindo que se tomaron medidas para evitar os roubos …  

2 comentarios:

Unknown dixo...

Esta noticia recordoume á recollida polo diario madrileño La Iberia o 4 de Agosto de 1848 onde se di que entre o exercito da Coruña e o portugués se fixo unha batida no Castro Liboreiro, onde se organizaban as faccións carlistas dirixidas por xefes de Navarra e Castela.
Descoñecía esta "ocupación" moderna do castro de Liboreiro, que é cando menos interesante.

e © de Arturo Sánchez Cidrás (Un de Loira) dixo...

Grazas polo comentario! Pero prnso que o que pón en Iberia (4-8-1874), Boletín de Comercio (6-8-21874),... non se corresponde co Liboreiro de Cangas-Bueu. Penso que hai dúas posibilidades máis plausíbeis para a noticia:
1º que ese Castro Liboreiro sexa o que está preto de Castro Caldelas. Na cita fai referencia ao secuestro do alcalde pedáneo substituto de Guilfrei (Becerreá) concello a 100 km en liña recta de Castro Caldelas.
2º que sexa Castro Laboreiro (concello de Melgaço, fronte a Arbo) pois era onde “organizábanse as faccións naquela zona” Polo texto (“Entre estas y una del ejército portugués se había combinado una batida sobre Castro Liboreiro, que es dónde principalmente se organizan las facciones de aquella zona”) e polo contexto parece a opción máis probábel.
Nota: Lamento o peche do teu blog! Unha aperta