A raíz de que o Axudante
de Mariña de Bueu ordenou fosen desfeitas as embarcacións inservibles que había
na Praia para que esta quedara limpa o xornalista de El Adelanto (20-10_1912)
aplaude esta medida pero queixándose de que a orde non sexa xeral a todo tipo
de embarcacións, así como a toda á
Praia.
A continuación fai unha
denuncia expositiva dalgúns lugares “que
tamén serven de estorbo e son focos, ademais, de toda clase de inmundicia e
enfermidades” como os da Banda do Río que ten “na praia uns rolos de piñeiro, secadoiros
de polbo e cheas de leña”.
Fai fincapé especial nos
“secadoiros de polbo en todo tempo e
máis no verán cando o rico molusco áchase en cura, despide un cheiro nada
agradable nin de moi bo efecto” e anima ás autoridades a que lles indiquen
aos “tratantes sitios mellores para a súa seca nas diferentes praias deste
termo, onde non prexudicaría a ningún veciño pola distancia de punto habitado,
nin tampouco obsequiarían aos transeúntes con tal esencia de rosa...

Ningún comentario:
Publicar un comentario