No
mes de xullo de 1936 as autoridades requisaron, entre outras cousas, os
aparatos de radio que había nas mans de particulares do concello de Bueu. Pasados
os meses, e examinados os expedientes políticos dos seus donos, foron devoltos.
Máis a algúns, pese a ser afectos ao Réxime, tiveron que reclamar o seu
aparato. Tal foi o caso de dous industriais de A Graña. Un era dono dun aparato
de radio marca Clarion, modelo 470 tipo 2
e o outro da marca Philips nº 5976 tipo 634. Logo de pedir de novo os
informes ao posto da garda civil e recibidos estes de forma favorábel o alcalde
decreta lle sexan devoltos case un ano despois (maio de 1937).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhnLVF5wuqxOr2UIAlHQ7VsxSmnTHRNulPOZGxp7LAeFZVhSnv7HWdPafwTEB3zX-1laYT1dP4_zIP6AlZqsmOHGO7Py1gPjl-J9JavgZ48NFCKhL3WfBO2V1Q1dkU2FuqTWDIe/s1600/Clarion+470.jpg) |
Clarión 470 |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi0ncS59TiQNCqeEUYQ7xgyUnfz8y6GgqmBvwB3y9flM87EjAP-MV4kvv3hDDc2YE-Ebvv56PEqbMV50pHAZHZVDaFt-ckvmTzRBLXX0TBF_VXEPnsfQubxBVtYLAmpZ4uDX7Tn/s200/Philips_tipo+634.jpg) |
Philips tipo 634 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario