Unha vez máis presento a
persoas que por motivos diversos tiveron medallas ou diplomas concedidas por
institución militares ou políticas.
Hoxe porei tres breves
notas que fan referencia a tres bueueses que recibiron medallas en momentos moi
distintos e por motivos tamén diferentes.
1º.- Comezaremos na afastada Filipinas a finais do século XIX cando con data de 19
de marzo de 1876 (Real Orde de 28-6-1880) concedéuselle a Cruz de Prata da Orde do
Mérito Militar ao bueués José Fazanes
Costas para premiar os servizos prestados coma clase de tropa.
José Fazanes era
artilleiro do Rexemento de Artillería Peninsular do Exército de Filipinas.
A condecoración levaba
parella unha contía económica de dúas pesetas con cincuenta céntimos mensuais.
2º.-
Por Real Orde 10 del novembro de 1927 (Diario Ministerio de Marina 12/11/1927) concédeselle
a Cruz de Prata con distintivo branco, pensionada con 300 pesetas anuais,
durante o seu tempo de servizo, ao condestable José
Estévez Ferradás, de Beluso, destinado en Marín, polo salvamento de dous
mariñeiros que caeran ao compartimento do dique de proa do cruceiro Blas de
Lezo, o día 4 de maio do ano 1926, mentres estaba reparándose na cidade de Ferrol.
3º.-
Na conmemoración do 18 de xullo de 1954 e a proposta da Xefatura Provincial do
Movemento foille concedido o ingreso na Orde de Cisneros entre outros, con Cruz
de cabaleiro ao alcalde de Bueu, José Mª
Massó García.
Anos despois a primeiros
de xuño de 1965 o Ministerio da Gobernación concédelle a Encomenda da Orde do
Mérito Civil coa categoría de encomenda sinxela, a seis alcaldes e dous
secretarios da provincia de Pontevedra. Un deses alcaldes condecorados foi José Mª Massó García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario