Calquera noticia así
sorpréndenos e lamentamos as posibles causas desa decisión. Cando o comento, o
que máis descoloca é que sexa un cura o suicida. Pensándoo ben non debería ser
así pois, como calquera outra persoa, chega a esa fatal resolución por motivos
similares.
O suicidio do cura José
Louzao foi o mércores 17 de xullo de 1918 e a noticia saíu no Diario de
Pontevedra dous días despois nos seguintes termos:
O coadxutor da
vila de Bueu, D. José Louzao Andión, suicidouse antonte disparándose un tiro de
escopeta no hipocondrio esquerdo.
Realizou o
feito no dormitorio da súa casa do lugar de A Graña, ás doce da mañá, aproximadamente.
A perdigonada,
prodúzolle grandes esnaquizamentos no corpo.
A arma que empregou
para realizar seus fatais propósitos, cuxas causas descoñecemos aínda, era da
súa propiedade.
Inmediatamente
de ocorrido o suceso, comezou a instruír dilixencias o xulgado municipal de
Bueu, quen telegraficamente o puxo en coñecemento do xuíz de instrución desta
capital.
Este ordenou
que se lle practicase a autopsia e dera sepultura ao cadáver.
Onte verificouse
o enterro do desgraciado sacerdote, concorrendo ao acto case todo a veciñanza daquel
pobo”.
Ata aquí a lutuosa
noticia e descrición da mesma. O que chamou con posterioridade a nosa atención,
e volvémola a retomar, foi a nota que saíu na primeira páxina de El Correo
Gallego, naquel momento Decano da Prensa Provincial de A Coruña, onde na
sección de humor “De la vida amena” a
utilizaba a ‘chirigota’. Inxustificable tal licencia e solo mitigada a súa
transcendencia obxectiva polo afastado da redacción (Ferrol) e por mofarse da
expresión do xornalista non do feito lutuoso en si.
De vez en cando aparece
algunha noticia relacionando o incremento de suicidios cos problemas sociais,
coa crises, co auxe das enfermidades depresivas, etc.
Os datos que mostran as
estatísticas non diferencian de forma
clara países ricos ou pobres, moi ou pouco poboados, de unha zona ou outra do
planeta. E todo porque o problema é complexo e as causas dispares. Por poñer uns
exemplo: Poucos poderíamos imaxinar que Grenlandia, con 61.000 habitantes teña
un promedio de 83,0 suicidios[1] seguida de Rusia, con máis
de 140 millóns cun de 34,3, ou Francia cun 17,6, ou Arxentina cun 14,2, Países
Baixos cun 9,2 ou España cun 7,6...
Significativo é que os
suicidios sexan en España o factor máis importante das mortes por causas non
naturais.
Penso que o problema
habería que abordalo con normalidade e niso a política económica, sanitaria e
educativa terían moito que dicir e que facer. Amén das reformas penais ...
abordar Eutanasia, Suicidio Asistido e un longo etcétera arredor deste
‘agochado’ problema.
**********
Información coadxutor José
Louzao Andión:
1901.- Foi promovido á
tonsura
1905.- Era capelán de
Santa María de Rubín (A Estrada)
1906.- Seguía en Santa María
de Rubín pero tiña unido a anexa de Lamas
1911.- Ao falecer o párroco
de Rubín (Antonio Vázquez) foi nomeado Ecónomo da mesma.
1917.- Foi nomeado (31 de
outubro) coadxutor de San Martiño de Bueu
Ningún comentario:
Publicar un comentario