Inicio con esta, unha serie de Entradas no blog relacionadas
coa historia das epidemias que golpearon á poboación, coa mirada de Bueu.
O percorrido non será cronolóxico senón máis ben
ecléctico pero que servirá para amosar as enfermidades infecciosas máis comúns
que tiveron pegada no noso territorio e, sobre todo, nas nosas xentes.
Para contestar a esa pregunta, Que pasa en Bueu?, remontarémonos
a 1924 onde na páxina 2 do 9 de outubro, o xornal El progreso
que se cualificaba como ‘semanario independente’ facíalle esta mesma
pregunta á Inspección Sanitaria Provincial. Transcribo o texto: “Fai algúns días que ouvimos alarmadas noticias referentes
a unha estraña enfermidade que viña producindo vítimas entre os veciños do fermoso
pobo costeiro.
Estes rumores, difusos nun principio, foron tomando corpo a medida que os días transcorren.
Moradores de Bueu afirmaron ante nós, que o número de atacados pola enfermidade reinante é con toda seguridade superior a sesenta e que os falecementos destes días exceden con moito ao triplo da mortalidade habitual.
Os modestos veciños de Bueu pregúntanse á hora de agora se o seu pobo pertencerá á provincia e se é certo que existen autoridades sanitarias chamadas como é presumible pensar a actuar en casos como este. Unha inspección local, outra inspección sanitaria provincial. Para cando reservan os seus bos oficios?
Realmente resulta estraño que cando en todo o pobo se fala diso con certa alarma, as autoridades competentes atópanse cos brazos cruzados e deixando aos pobos inertes ante a temida epidemia.
Diriximos estas liñas ao Sr. Inspector de Sanidade coa evidencia de que saberá acoller o noso aldrabada con aquela dilixencia que entendemos se merece, perseguindo, si é que o houbo, ocultación de casos sospeitosos de contaxio. En materia sanitaria, ata Marrocos está á nosa altura.”

Non acudo a este artigo para, salvando as distancias,
facer paralelismos cos momentos que estamos a vivir. Aínda que me sirve para
poñer de manifesto que ‘Non hai nada novo baixo o sol’ (Nihil sub
sole novum) e que a pesar das melloras históricas no sistema de saúde
sempre hai e haberá moitas cousas que reclamar. E dende aquí reclamo todo o
preciso para a seguridade de TODOS aqueles que arriscan as súas vidas para que
outros poidamos vivir. Ase mesmo pido todo o que sexa preciso para aqueles que tratan
de gañarlle o pulso ao COVID-19 e escapar da sega que este comezou.
Seguimos en Estado de Alarma por causa sanitaria,
nada que ver co Estado de Alarma de Zapatero e lonxe daqueles decretos que substituían
ao Estado de Guerra no 1934[1]
e 1935[2]
de Niceto Alcalá-Zamora, etc. Esta vez sí nos xogamos a vida co mesmo. Polo que
temos que seguir a ser responsables!
Xa queda menos para saír deste pesadelo!
Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario