Con iso de seguirlle a pista ao furacán Danielle véñome de atopar cunha entrada en Meteored tempo.com do físico Francisco Martín León co título dun libro de divulgación científica: “Antropoceno y cambio climático”. Ata aquí todo segundo o guión... e ata verte a súa opinión con contundencia: “Este é un libro ameno, escrito con rigor científico, non doutrinario, no que exponse como fomos influíndo nos ciclos da natureza”. Case nada!
Para min a alegría foi dobre pois os seus autores están vencellados con Bueu por veciñanza e por aportar cultura do noso, pois asinaron xa no 2011 un artigo titulado “O calendario celta” na revista que publicaba a Asociación Cultural de Meiro “A lingua do corvo”. E Constantino Armesto Ramón, un dos autores, xa asinara outro na mesma revista dous anos antes e ata foi pregoeiro na festa do Millo corvo 2012.
Ao vivir en Bueu e ter un amplo e recoñecido labor no mundo da divulgación científica é polo que lle puxen unha entrada na miña páxina web como mostra de aprecio e agradecemento por todo o coñecemento que nos aporta.
Non me estraña que o libro sexa froito dun Premio, neste caso VI Premio
Internacional de Divulgación Científica Ciutat de Benicarló. Digo que non me é raro ese procedemento de
publicar xa que ao ser un excelente comunicador do mundo da ciencia lle
granxeou varios premios de renome neste eido: Premio Prisma Casa das
Ciencias de A Coruña 1994,
Premi Europeu de Divulgació Científica Estudi General de la Universitat de
València en 1999,
Premio de Narrativa Científica da Facultade de Física da Universidade de
Santiago 2008,
Premi VAE
de narrativa científica de la Universsitat Estudi General 2008
etc.
Constantino Armesto |
Bibliografía:
· "Por los senderos de la ciencia" (1995)
· "Supervivencia o suicidio: hacia el futuro de la humanidad" (2004)
· "L'enigma de l'esfix" (O enigma da esfinxe)
· "Un planeta blau" (Un planeta azul)(2008)
· “Antropoceno y cambio climático” (2022)
… e decenas de artigos, contos de física, exposicións de diapositivas conxugando a ciencia-poesía, relatorios, charlas, etc.
Cos tempos que corren, precisamos un bo libro como este que se faga preguntas claras e mostre os camiños dos cambios que o clima depara ao futuro da humanidade; creo que debemos telo moi en conta.
Parabéns aos autores!
2012- Constantino Armesto pregoeiro do Millo Corvo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario