Para os nosos mariñeiros o Desencravo non era falar da Semana Santa, da dor da Pasión, dun Cristo articulado ao que se baixaba da cruz como en moitas vilas galegas[2] e do centro e sur de España, onde o veneran e procesionan por esas datas.
Para os mariñeiros de Bueu O Desencravo era unha celebración anual que comezaba na tarde-noite do día 1 de febreiro de cada ano e duraba case toda a noite. Costume antiga motivada polo comezo da veda e peche da colleita da pesca da sardiña.
O Desencravo é unha metáfora da separación por un tempo dos compañeiros que compartiron traballo no barco, pero tamén de reconstrución de esperanzas futuras de novos e mellores tempos.
Consistía nun compartir caldeirada e viño nas tabernas como as de Claudio Agulla, Alejandro López, Miguel Nogueira, Ruperto Rajoy, Antonio Domínguez... ou no dicir do xornalista: do Capelán, do Rabuxo, da Mundina ou a de A Lera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario