O
1 de maio do 2017 puxen unha entrada titulada “Medo
a que os traballadores se manifesten o 1 de Maio – 1932” a raíz dun
telegrama que o gobernador civil da provincia envía ao alcalde de Bueu Luís
Jesús Prieto ordenándolle que non autorice manifestacións nin mitins ao aire
libre coa escusa de evitar enfrontamentos entre as distintas organizacións
obreiras.
Agora
vou poñer outro telegrama do gobernador civil aos alcaldes con respecto ao
mesmo día, pero tres anos máis tarde, un 27 de abril de 1935. O alcalde que o
recibiu foi Ramón Domínguez Ferradás.
“Para festa primeiro de maio por consideralo prudente non se
permiten manifestacións ni mitins de ningunha clase, a festa terá o carácter do
14 de abril, non parando os servizos públicos, auga, luz, beneficencia, limpeza,
cuxo mantemento procurarase por todos medios garantindo apertura cafés, bares,
restaurantes, taxis, etc. respectándose todo caso pactos, pero apoiando
decididamente industriais donos establecementos para que por si mesmos o con
mínimo persoal permanezan abertos asegurando de maneira máis eficaz a venda
natural de pan, leite, carne, peixe etc. Funcionarán así mesmo os espectáculos.
Coa debida anticipación adoptará precaucións medidas para que comecen a
circulación autobuses liña e tranvías polo costume, evitando coacciones tanto
este particular como apertura establecementos. Consentirá as saídas ao campo e impedirá se
intente prolongar durante o día dous a vacación do primeiro de maio. Facendo
saber ás organizacións obreiras e a quen o pretendan constituiría isto folga
ilegal. Téñame ao corrente de canto ocorra prestándose desde primeiras horas
día primeiro servizo especial estea pendente este goberno cada dúas horas canto
ocorra. Acúseme recibo este telegrama”
Os
telegramas falan por si solos, e a historia anterior e posterior tamén. Quizais
as explicacións veñan dos por que os poderes teñen tantos medos das clases
traballadoras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario